AD

Actualidad

Igualdade do Concello de Arzúa organiza o “Obradoiro de Nadal: ÁS VOLTAS”

today30 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • Lucía López, Concelleira de Igualdade: “trátase dun proxecto que busca crear un espazo para as crianzas arzuás no cal promover un programa lúdico e educativo, onde nenas nenos xoguen en igualdade e creen con perspectiva de xénero”.
  • Está dirixido a crianzas nadas entre 2013 e 2019, ambos inclusive. Celebrarase en duas quendas: do 27 ao 29 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro. O prazo de inscrición será do 1 ao 11 de decembro

Arzúa, 30 de novembro de 2023.- A Concellería de Igualdade do Concello de Arzúa organiza o “OBRADOIRO DE NADAL: ÁS VOLTAS”, dirixido a crianzas nadas entre 2013 e 2019, ambos inclusive. O obradoiro, que será de balde, realizarase en dúas quendas entre os días 27 ao 29 de decembro de 2023 e entre o 2 e o 5 de xaneiro de 2024, en horario de 10:00 a 14:00.

“Ás Voltas é un proxecto que busca, sobre todo, crear un espazo para as crianzas arzuás no cal promover un programa lúdico e educativo, onde nenas e nenos xoguen en igualdade e creen con perspectiva de xénero. Por ese motivo, este proxecto fomenta valores como a igualdade de xénero, a inclusión de todas as diferenzas como fonte de riqueza, a xestión emocional dende a comprensión da mesma e o reforzo positivo das diferentes personalidades” explicou Lucía López, Concelleira de Igualdade.

Os obxectivos do obradoiro son:

• Crear un espazo de seguridade para as crianzas favorecendo valores como a igualdade de xénero, a inclusión e o respecto.

• Achegar ferramentas para coñecer diferentes países do mundo a través do xogo para propiciar a inclusión coñecendo diferentes diversidades.

• Visibilizar o papel das mulleres pioneiras rompendo estereotipos asociados aos roles de xénero existentes.

• Favorecer espazos de xestión emocional, donde falar de sentimentos e emocións para poder xestional de forma efectiva.

• Proporcionar unha alternativa educativa e lúdica para as familias durante as vacacións escolares de nadal.

O obradoiro conta con prazas limitadas (25), polo que se establecen as bases que se anexan para a selección de participantes.

Para máis información cómpre acudir ao Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa (Rúa Santiago, 2) ou chamar ao 981 501 101.

O prazo para inscribirse será do 1 ao 11 de decembro, preferibelmente a través da Sede Electrónica do Concello de Arzúa.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%