AD

Actualidad

Marta Abal reclama unha resposta urxente ante os problemas de drogas en Santa Marta

today23 junio, 2026

Fondo
share close
AD
  • A aparición dunha segunda persoa falecida nun mes nas inmediacións do CHUS evidencia a necesidade de reforzar a prevención, a atención sanitaria e a intervención comunitaria.
  • Marta Abal insta á Xunta de Rueda e ao Concello de Sanmartín a colaborar desde as súas competencias para afrontar un problema que consideran de saúde pública, social e de seguridade.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2026. A concelleira socialista Marta Abal reclamou hoxe unha resposta urxente da Xunta e do Concello ante os problemas relacionados co consumo de drogas que preocupan á veciñanza de Santa Marta e advertiu da falta dunha estratexia coordinada para afrontar unha situación que require actuar con máis prevención, máis recursos asistenciais e maior presenza nos barrios. A edil considera que as administracións están chegando tarde a un problema que esixe unha resposta integral e sostida no tempo.

Abal sinalou que a preocupación existente no barrio é compartida polo Grupo Socialista e defendeu a necesidade de adoptar medidas inmediatas para “reforzar a vixilancia”, “actuar contra os puntos de venda de estupefacientes” e “garantir a seguridade” na contorna do CHUS.

Con todo, a concelleira socialista advertiu de que “este problema non se resolve só con máis presenza policial”. Ao seu xuízo, estamos ante unha “cuestión de saúde pública, social e comunitaria” que require unha resposta “integral, coordinada e sostida no tempo” por parte das distintas administracións.

Neste sentido, reclamou á Xunta de Galicia e ao SERGAS unha maior implicación na atención ás persoas con adiccións, reforzando os recursos existentes e “dotando de máis medios e recursos a Unidade Asistencial de Drogodependencias”, co obxectivo de ofrecer unha resposta adecuada ás necesidades asistenciais.

Ao mesmo tempo, Abal lembrou que o Concello tamén debe asumir plenamente as súas responsabilidades neste ámbito. Así, pediu reforzar o traballo na “prevención”, nas campañas de sensibilización, na intervención comunitaria e no acompañamento á mocidade e ás persoas máis vulnerables.

Por último, a edil socialista defendeu a posta en marcha dun “verdadeiro plan de prevención e atención ás drogodependencias” para Santiago que combine actuacións en materia de seguridade, prevención, asistencia sanitaria e acompañamento social. “A seguridade é importante”, concluíu, pero lembrou que “a prevención, a atención e a coordinación institucional son fundamentais” para afrontar este problema de raíz.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *