AD

Actualidad

O 15 de xaneiro ábrese o prazo para aboar a taxa anual das tarxetas de aparcamento

today10 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

10/01/2024.- A Concellería de Mobilidade lembra que dende o luns, 15 de xaneiro, e ata o 16 de febreiro, permanecerá aberto o prazo para aboar a taxa anual correspondente ás tarxetas de aparcamento para todos os residentes que xa posúan unha.

A tarxeta de municipio ten un custe anual de 50 euros, e pódea solicitar calquera persoa empadroada en Compostela, sempre que sexa dona do vehículo segundo o permiso de circulación, e pague o imposto de circulación no Concello de Santiago.

O pago da taxa efectuarase nas oficinas de TUSSA, na Estación Intermodal (rúa Clara Campoamor) de luns a venres en horario de 9 a 14 h e de 16:30 a 20:30 h.

A persoa interesada deberá acreditar a titularidade da tarxeta con D.N.I., tarxeta de residencia ou pasaporte. No suposto de actuar por representación, deberá acreditarse a mesma, aportando fotocopia de identificación do representante e autorización asinada polo representado.

Todas aquelas tarxetas que non sexas abonadas en prazo, serán dadas de baixa automáticamente.

As tarxetas están identificadas cun «L» e permiten aparcar en todas as zonas verdes da cidade, é dicir, as habilitadas para residentes en horario de 7 h a 21h. No caso das zonas azuis, as zonas ORA, o prezo, para os que posúan a tarxeta, verase reducido á metade.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%