AD

Comarca

O alcalde do Pino denuncia vertedoiros incontrolados nas cunetas

today10 octubre, 2024

Fondo
share close
AD

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, denunciou recentemente actos de incivismo por parte de algunhas persoas que optaron por verter escombros nas cunetas das pistas do municipio, en lugar de empregaren os servizos dispoñibles para a xestión deste tipo de residuos. O 8 de outubro apareceron en dous puntos diferentes colchóns, somieres, un televisor e ata un ordenador, segundo informou o rexedor.

Taboada lembrou que no Pino a veciñanza dispón de servizos gratuítos para evitar estas accións que atentan contra o medio ambiente e a salubridade. Entre eles, destacou o punto limpo situado no lugar de Pazos (Arca), aberto os luns e mércores de 18:30 a 20:30 horas, os venres de 12:00 a 14:00 horas, e os sábados en horario de mañá (12:00 a 14:00 h) e de tarde (15:00 a 20:00 h).

Ademais, a veciñanza tamén conta cun servizo de recollida de voluminosos que se realiza o terceiro mércores de cada mes. Para facer uso deste servizo, os residuos deben deixarse preto do contedor o martes ou o mércores antes das 7:00 horas. No caso de que o día de recollida coincida cun festivo, a recollida trasládase ao mércores seguinte.

Manuel Taboada advertiu que tirar escombros fóra dos lugares habilitados non só prexudica gravemente a imaxe do municipio, senón tamén os esforzos da veciñanza por manter un entorno limpo e saudable. «Estas prácticas incívicas supoñen un atentado contra o medio ambiente e a saúde pública», concluíu.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%