Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today19 octubre, 2026
Os nacionalistas presentan unha moción para que o Concello inicie os trámites ante a Xunta e impulse medidas que faciliten o acceso á vivenda.
O BNG de Lalín propón que o municipio sexa declarado zona de mercado residencial tensionado co obxectivo de frear o encarecemento dos alugueiros e mellorar as posibilidades de acceso á vivenda.
A formación nacionalista solicita ao Concello que poña en marcha os estudos necesarios para tramitar esta declaración ante a Xunta de Galicia. Tamén reclama a creación dun grupo de traballo no que participen colectivos veciñais.
Segundo os datos achegados polo BNG, entre o 28 % e o 36 % das vivendas do municipio estarían baleiras, mentres que 41 propietarios acumulan máis de dez inmobles cada un.
Con esta iniciativa, os nacionalistas buscan abrir o debate sobre a situación da vivenda en Lalín e promover medidas que permitan ofrecer alugueiros máis accesibles á veciñanza.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)