Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today8 octubre, 2026
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible licitou por un importe de 603.838 euros (IVE incluído) o contrato de obras para a mellora da intersección entre as estradas SC-20 e N-550, na entrada á localidade do Milladoiro
A través desta actuación vaise a construír un carril segregado na estrada SC-20, pola súa marxe dereita, polo que se dará acceso a Porto, Ventín e ao parque empresarial do Milladoiro
Ames, 8 de outubro de 2026.- O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible licitou por un importe de 603.838 euros (IVE incluído) o contrato de obras para a mellora da intersección entre as estradas SC-20 e N-550, na entrada á localidade do Milladoiro. A través desta actuación vaise a construír un carril segregado na estrada SC-20, pola súa marxe dereita, polo que se dará acceso a Porto, Ventín e ao parque empresarial do Milladoiro. O anuncio correspondente será proximamente publicado no Boletín oficial del Estado (BOE).
Coa modificación desta intersección, situada no quilómetro 10,35 da SC-20, mellorarase a seguridade viaria do tramo, facilitando todos os movementos e garantindo un nivel de servizo adecuado. Deste xeito, esta actuación ten por obxecto dar solución aos problemas de tráfico e capacidade que se producen nesta intersección. Concretamente, executarase un carril segregado na estrada SC-20, pola súa marxe dereita, cara á estrada de acceso a Porto, Ventín e ao parque empresarial do Milladoiro.
A principal actuación contemplada no proxecto é a transformación do ramal de saída desde a AG-56, cara á estrada SC-20, nun carril de trenzado que se perde ao chegar á glorieta converténdose en carril segregado da mesma. A nova vía conectará coa avenida do Muíño Vello dando acceso á zona norte do Milladoiro e ao parque empresarial, sen ter que pasar polo rotonda existente na actualidade. Deste xeito, aliviarase o tráfico nesa contorna na que habitualmente se forman atascos de saída.
O alcalde de Ames, Blas García, dixo “en primeiro lugar quero agradecer ao Goberno do Estado que tomara en consideración as reiteradas solicitudes por parte deste Goberno municipal e por parte do Consello de Ames de licitar, para que entre en funcionamento, esta obra que é tan demandada e necesaria. Sobre todo porque vai a evitar eses problemas de tráfico que se producen na rotonda, na baixada ou subida da rúa Muíño Vello, principalmente polo acceso ao parque empresarial do Milladoiro”.
Ademais, engadiu “é unha obra que levamos demandando fai moito tempo desde este Goberno municipal e tamén de forma conxunta coa Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro. Felicitar ao Goberno do Estado e felicitarnos todos porque se vai a executar esta obra que, ademais, vai a beneficiar notablemente a outra obra que se fixo recente que é a humanización para que o tráfico sexa máis fluído”.
Continuidade da senda ciclable
Así mesmo, desenvolverase unha senda ciclable, dando continuidade ao tramo posto en servizo en decembro de 2025 con motivo da execución das obras de humanización da N-550 entre o punto quilométrico 67,075 e o 68,600, correspondente á avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro.
Tamén se realizará o saneo do firme e extensión de nova capa de rodadura, e procederase á reposición de elementos de sinalización, balizamento e defensas, así como obras de drenaxe e luminarias afectadas polas obras. Esta actuación inclúese dentro do programa de conservación e mantemento da Rede de Estradas do Estado e que xera un impulso significativo para mellorar a calidade de servizo da infraestrutura viaria estatal existente.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)