AD

Deportes

O Concello cede ao clamor social: haberá pantalla na Praza Roxa para a final entre España e Arxentina

today16 julio, 2026

Fondo
share close
AD

O Concello de Santiago instalará este domingo unha pantalla xigante na Praza Roxa para que a veciñanza poida seguir en directo a final entre España e Arxentina. A decisión responde a unha petición da mocidade formulada a través dos orzamentos participativos e recupera o emprazamento tradicional para este tipo de grandes citas deportivas na cidade.

Desde que rematou a fase de grupos, o Concello foi atendendo esta demanda en distintos espazos de Santiago. A pantalla estreouse con motivo do encontro fronte a Austria na Praza da Constitución, no Ensanche, e posteriormente trasladouse ao parque de As Cancelas para a retransmisión dos partidos contra Portugal, Bélxica e Francia.

Para a gran final, o Goberno local decidiu situar a pantalla na Praza Roxa, o punto de referencia en Santiago para o seguimento colectivo dos grandes acontecementos deportivos, onde se agarda unha importante afluencia de afeccionados para animar á selección española.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *