AD

Comarca

O Concello de Arzúa comprométese a mellorar o proxecto da rúa Calexa tras escoitar á veciñanza

today10 abril, 2025

Fondo
share close
AD

10 de abril de 2025. O Concello de Arzúa anunciou o seu compromiso de mellorar o proxecto presentado para a rúa Calexa, completando a actuación cunha maior inversión tras unha reunión participativa coa veciñanza, celebrada o pasado martes 8 de abril no Multiusos Terra do Queixo. O encontro contou coa presenza do alcalde, Xoán Xesús Carril, da concelleira de Acción Urbana, Begoña Balado, e do técnico municipal de urbanismo, Luis Fole, que explicaron o proxecto e recolleron as achegas das persoas asistentes.

Durante a xuntanza, que contou cunha ampla participación veciñal, abordáronse detalles técnicos da actuación prevista. Como resultado do diálogo, valorouse positivamente a incorporación de melloras como a implantación dunha circulación en sentido único desde a Fraga do Rei ata a zona da Feira do Gando (Basilio Carril), a creación dun paseo peonil na marxe esquerda da vía e a habilitación dunha zona de aparcamento na marxe dereita.

O equipo técnico e político comprométese agora a completar a actuación prevista cunha maior inversión que permita mellorar a accesibilidade e a seguridade da zona, atendendo ás propostas recollidas no encontro coa veciñanza.

O alcalde, Xoán Xesús Carril, destacou “a importancia de incorporar a participación veciñal nos procesos de transformación urbana, para garantir que as obras públicas respondan ás necesidades reais dos lugares ou barrios e da súa xente”.

Pola súa banda, a concelleira Begoña Balado puxo en valor “o papel dos técnicos municipais á hora de canalizar as demandas veciñais e facer realidade proxectos útiles, ben pensados e centrados nas necesidades das persoas”.

Desde o Concello informarán puntualmente nas redes sociais sobre os avances e prazos desta actuación, agradecendo a implicación activa da veciñanza neste proceso de mellora colectiva.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *