Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 junio, 2024
Padrón. 29-06-2024.- O Concello de Padrón celebrou este venres 28 de xuño o Día Internacional do Orgullo LGTBI baixando o pano a todo un mes de xuño cheo de propostas e de actividades co obxectivo de reivindicar a igualdade, a inclusión, o respecto e a aceptación de todas as persoas.
A cativada tamén foi partícipe deste data cunha convocatoria especial no campo do Souto que incluíu inchables de auga e festa da espuma.
Xa pola noite, a concelleira de Igualdade do Concello de Padrón, Mariló Saco, leu un manifesto institucional para conmemorar este Día Internacional do Orgullo LGTBI nun acto que contou coa presenza do alcalde, Anxo Arca, as concelleiras Ana Castro e Laura Horta, ademais de numerosos veciños e veciñas.
Na súa intervención, Mariló Saco destacou a importancia desta data tanto para a celebración como para a reivindicación dos dereitos das persoas LGTBI e fixo un chamamento á reflexión sobre a realidade actual. Porque malia que nos últimos anos ditáronse moitos avances lexislativos “unha parte da sociedade aínda segue golpeando á outra con niveis intolerables de violencia por mor da súa orientación sexual, identidade e expresión de xénero ou características sexuais”.
Mariló Saco subliñou a importancia de impulsar políticas de diversidade para combater a LGTBfobia, fomentar proxectos de memoria histórica LGTBI, e promover accións de sensibilización contra as múltiples discriminacións que sofren as persoas trans, non binarias e intersexuais.
Para finalizar, a concelleira reafirmou o compromiso do Concello de Padrón coa promoción da igualdade, da diversidade e dos dereitos humanos, traballando activamente para crear unha comunidade inclusiva e respectuosa para toda a súa veciñanza. O acto rematou cun chamamento a todas as persoas presentes na rúa Tetuán a unirse ao lema: «Padrón con orgullo!».
A festa pechouse co concerto de The Teta’s Van na mesma rúa Tetuán.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)