Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A xornada desapracible de choiva de onte non foi capaz de empanar o espírito de nadal que se deixou sentir onte na Nave da Estación de Santa Cruz de Ribadulla.
A xa tradicional cita vedresa do primeiro domingo de decembro non fallou, reunindo ata doce postos de artesanía que supuxo unha aposta diferente e orixinal para facer as mercas de nadal. Pero a oferta do mercadiño non se quedou ahí. Houbo tempo para o concerto de mediodía dun quintento de metais da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla do Concello de Vedra e pola tarde foi a quenda dos Obradoiros infantís e familiares “Adornos con material de Refugallo” con Biophilia e “Customización de prendas” con Ondas do Mar. Ambos esgotaron as súas prazas e foron todo un éxito para a cativada.
Ademais A SOLIDARIEDADE foi a outra gran protagonista da xornada coas ANPAS do CEIP Ortigueira e do CPI de Vedra ao fronte. Estas entidades mobilizaron e coordinaron a campaña entre as familias da comunidade escolar para poñer á venda xoguetes,libros, roupa, xogos,… cunha dobre intención, darlles unha segunda vida e conseguir fondos para a organización Save de Childen Valencia. Un obxectivo co que se recadaron 376 €, unha cifra que mostra unha vez máis a enorme capacidade social e solidaria de Vedra.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)