Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today30 septiembre, 2026
• No Pleno ordinario deste 30 de setembro tamén se prorrogou por un ano o contrato do SAF coa empresa O Espertar Servizos Sociais
O Pino. 30-9-2026.- O Pleno da Corporación do Pino aprobou hoxe o proxecto da senda peonil que vai de Regas ao cruce de Casal, que conta cun orzamento base de licitación de 118.158, 35 euros. A obra financiarase con fondos propios e cunha subvención nominativa da Deputación da Coruña de 94.526,68 euros, que tamén foi aceptada na sesión.
A obra consistirá na construción dunha senda peonil de 540 metros de longo por 1,8 metros de ancho, cunha campa de 15 centímetros de zahorra e 5 de aglomerado en quente, que irá dende Regas ata o cruce de Casal. Esta senda conectará coa que xa está licitada e se construirá en breve dende o cruce de Casal ata o cruceiro da igrexa de San Breixo. Cando rematen estas dúas obras, darán continuidade a senda que actualmente vai dende a N-547, a altura do Casqueiro, ata a igrexa de San Breixo de Ferreiros.
A obra conta cun orzamento de 118.158 euros e, para a súa execución, o Concello conta cunha achega de 94.526 euros que foi aprobada pola Deputación da Coruña no Pleno do pasado 18 de setembro. O resto do importe, 23.632 euros, será asumido polo Concello do Pino con fondos propios
Tamén por unanimidade, a Corporación do Pino aprobou no Pleno de hoxe prorrogar por un ano o contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) coa empresa O Espertar Servizos Sociais SL, que foi a firma adxudicataria na licitación deste servizo, cun orzamento de 666.407 euros anuais.
A prórroga do contrato mantense nas mesmas condicións nas que foi adxudicado: cun prezo de 23,46 euros a hora de dependencia en días hábiles e sábados; 25,82 euros os domingos e festivos, e de 24,81 euros a hora de libre concorrencia.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)