Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today31 diciembre, 2023
O Pleno do Concello do Pino aprobou onte por unanimidade a modificación do convenio con Augas de Galicia para reaxustar os importantes das anualidades de 2023 e 2024 destinadas á construción da nova depuradora de Arca.
O importe total das obras mantense, pero cambian as asignacións económicas deste ano e do vindeiro, que quedan establecidas en 748.083,03 euros para 2023, e 1.417.744,14 euros para o exercicio 2024. O cambio vén motivado polo ritmo dos traballos de construción
As previsións apuntan a que no vindeiro mes de maio estea rematada a nova depuradora, segundo informou o alcalde, Manuel Taboada Vigo, á oposición no último pleno ordinario deste ano.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)