AD

Actualidad

O Pino prorroga o contrato do Servizo de Axuda no Fogar

today27 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

  • O servizo mantense nos mesmos termos no que foi adxudicado: 486.812 euros anuais para 21.898 horas de atención
  • A liquidación do orzamento de 2023 deixa un remanente positivo de tesourería de 774.000 euros

O Pino. 27-3-2024.- O Pleno da Corporación do Pino acordou hoxe por unanimidade prorrogar por unha anualidade o contrato do Servizo de Axuda no Fogar nos mesmos termos nos que foi adxudicado o ano pasado. A empresa O Espertar Servicios Sociales SL seguirá prestando o servizo por un montante de 486.812 euros para 21.898 horas de atención ao ano.

O alcalde, Manuel Taboada, explicou que a Xunta de Galicia concedeulle ao Concello de O Pino outras 1.300 horas para o servizo de axuda no fogar. “Agora teremos que analizar se se pode facer unha ampliación do contrato, para incorporar, a maiores, estas horas de atención”.

No contrato que se acaba de prorrogar, os prezos establecidos pola empresa adxudicataria son os seguintes: dependencia días hábiles e sábado 20,28 euros (IVE incluído) e domingos e festivos, 20,80 euros. Para libre concorrencia o prezo hora ofertado é de 21,45 euros (tamén con IVE).

Na sesión de hoxe tamén se deu conta da liquidación do orzamento municipal correspondente ao exercicio 2023, que deixou un remanente positivo de tesourería de 774.302,16 euros.

Tamén por unanimidade, o Pleno aprobou propoñer unha modificación do PXOM para cualificar unha parcela na parroquia de Arca como so urbano consolidado, dando así cumprimento a unha sentencia do TSXG, que estimou o recurso presentado pola propietaria de dita parcela.

 

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%