AD

Actualidad

O PP solicita a gratuidade da zona ORA de Santa Marta en horario de tarde

today14 febrero, 2025

Fondo
share close
AD
  • O concelleiro popular, Adrián Villa, denunciou a “incompetencia e improvisación na que está instalado no BNG”, tras o anuncio da supresión da zona ORA nesta zona só os sábados pola mañá.
  • Os populares solicitan tamén iluminación e melloras no firme do aparcamento do CIMUS que, como explica Villa, “os días de choiva convértese nunha lameira”.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, denunciou hoxe a “incompetencia e improvisación na que está instalado o goberno local”, tras o anuncio da supresión da zona ORA no barrio de Santa Marta só os sábados pola mañá.

“Hai un ano, -lembrou- logo de manter diferentes reunións e conversas coa veciñanza e tecido comercial, levamos ao Pleno a supresión desta ‘zona de recadación’, iniciativa que foi aprobada e que, na súa liña habitual, os nacionalistas están a facer caso omiso á maioría da corporación municipal”.

Villa remarcou que “o BNG tardou un ano en darse conta do erro cometido e, o que é máis grave, unha vez localizado o fallo, non corrixen todas as deficiencias por non querer asumir a súa incompetencia”. Unha afirmación en referencia a que non só está baleira a zona ORA do barrio os sábados pola mañá, senón que, durante as tardes de luns a venres, hai centos de prazas sen ocupar”.

“Mantivemos diversos encontros coa veciñanza e comerciantes -indicou o concelleiro popular- e ambos colectivos coinciden en que, en horario de mañá, ata a apertura do aparcamento que está a realizar a Xunta de Galicia no CHUS, faise necesaria a rotación pero, polas tardes, case non hai vehículos nestas rúas”.

Adrián Villa destacou que “o Partido Popular de Santiago escoita, analiza e presta solucións”, algo que, ao seu entender, os nacionalistas non fan e só “optan por non respectar as decisións plenarias, dar as costas á veciñanza e improvisar”.

Con isto, os populares demandan que o BNG amplíe esa liberación anunciada para a mañá dos sábados, ás tardes do resto da semana e que deixen de perder o tempo con improvisacións e estudos absurdos, xa que, “os que mellor teñen estudado o asunto son as persoas que viven e traballan no barrio de Santa Marta”.

Por último, o concelleiro popular aproveitou a ocasión para denunciar a falta de puntos de luz no aparcamento do CIMUS, o que, como noutras moitas zonas da cidade, supón unha importante falta de seguridade. Así mesmo, reclamou unha mellora no firme que, os días de choiva convértese nunha “lameira” intransitable para vehículos e persoas usuarias.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *