AD

Actualidad

A Policía Local de Santiago incorpora 15 novos efectivos

today27 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, déronlle hoxe a benvida aos 15 axentes que veñen de tomar posesión dos seus postos na Policía Local de Santiago. Con estas incorporacións, o corpo suma 137 axentes.

Os 15 policías, entre eles tres mulleres, tomaron posesión despois de cumprir o seu periodo de prácticas na Policía Local. As e os novos axentes incorporaranse á unidade operativa, de maneira que farán traballo de patrulla en rúa.

A alcaldesa e o concelleiro de Mobilidade e Convivencia déronlle a benvida esta mañá aos novos policías, aos que lle agradeceron a súa vontade de servizo público e o feito de teren elixido Santiago como destino, “unha cidade cunhas características moi especiais, cunha importante carga de traballo para as forzas de seguridade, e máis ainda ás portas do Ano Santo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *