AD

Actualidad

Un vehículo atropela unha vaca en Corexo, onde a veciñanza leva anos reclamando medidas polo gando solto

today27 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

Un vehículo atropelou esta tarde unha vaca en Corexo, na parroquia compostelá de Marrozos. O condutor resultou ileso, mentres que o animal sobreviviu ao impacto, aínda que quedou visiblemente ferido. Polo momento, non se localizou o seu propietario.

O accidente prodúcese nunha zona onde a veciñanza leva anos denunciando a presenza de gando sen control nas estradas e nas propiedades particulares. Os residentes alertan do risco para a seguridade viaria, especialmente na DP-8203, e dos danos que os animais causan nas hortas e nas colleitas.

As queixas trasladáronse de maneira reiterada a distintas administracións e corpos policiais, acompañadas de fotografías e vídeos. A situación tamén foi levada ao Valedor do Pobo. Pola súa banda, o PP pediu medidas para mellorar a situación e atender as reclamacións veciñais.

Os residentes describen unha convivencia conflitiva co gandeiro ao que atribúen a presenza habitual de animais soltos e denuncian episodios de tensión e intimidación. Aseguran que a falta dunha solución prolonga un problema que afecta á súa tranquilidade e á seguridade de quen circula pola zona.

Tras este novo accidente, a veciñanza insiste na necesidade de actuar para garantir o control do gando e evitar novos sinistros que poidas acabar nunha desgraza.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *