Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today27 octubre, 2026
“As decisións que tomemos serán consensuadas cos comerciantes, froito desa escoita e traballo conxunto para potenciar un comercio forte e con futuro na cidade”
O candidato socialista á Alcaldía reuniuse con Comercio Punto Compostela cos que analizou as preocupacións dos comerciantes santiagueses, entre as que se atopan a falta de aparcamento na cidade, a limpeza dos barrios ou o deseño de campañas atractivas para atraer á xente.
“Nos últimos tempos o comercio local está perdendo impulso por unha evidente falta de compromiso do Concello”, advertiu o socialista que demandou “sentarse, escoitar e traballar cos miles de profesionais de Compostela para deseñar unha estratexia integral”.
O encontro forma parte de #CompostelaéComercio, a iniciativa coa que está a percorrer os establecementos de todos os barrios e sectores para coñecer a realidade do comercio compostelán e deseñar un Plan Específico con medidas concretas.
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2026. O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse con representantes de Comercio Punto Compostela para analizar as necesidades do sector na cidade e abordar diferentes propostas encamiñadas a impulsar os comercios de proximidade de Santiago. Este encontro enmárcase na iniciativa #CompostelaéComercio coa que o candidato está visitando os establecementos dos barrios de Santiago para pulsar a realidade dos comerciantes e elaborar un Plan Específico para o Comercio con medidas concretas que dean resposta a esas demandas.
“O noso Goberno manterá un diálogo permanente co comercio local” trasladou Pedro Blanco á entidade durante a xuntanza na que tamén participaron a concelleira socialista, Marta Abal, e a deputada autonómica, Patricia Iglesias. A reunión serviu para poñer o foco nas numerosas preocupacións dos comercios composteláns, entre as que se atopan a falta de aparcamento na cidade, a limpeza dos barrios, así como o deseño de campañas atractivas para atraer á xente.
“Nos últimos tempos o comercio local está perdendo impulso por unha evidente falta de compromiso do Concello”, advertiu o socialista, que demandou “sentarse, escoitar e traballar cos miles de profesionais de Compostela para deseñar unha estratexia integral que potencie un comercio forte e con futuro”, destacou. Neste senso, destacou que en Santiago “contamos cos mellores comerciantes e teñen que saber que teñen un goberno municipal que está con eles e que é o seu mellor aliado. Non os imos deixar tirados”.
Pedro Blanco defendeu que o Concello debe ser un apoio efectivo para quen sostén cada día a actividade comercial, facilitando o seu traballo e contribuíndo a que os negocios poidan consolidarse, medrar e seguir xerando actividade económica e vida nos barrios.
Percorrendo os comercios
Pedro Blanco está a percorrer os barrios e as parroquias de Santiago con #CompostelaéComercio co obxectivo de incorporar as propostas dos comerciantes ao proxecto de cidade dos socialistas. “Queremos que os comerciantes sintan que o seu Concello está con eles, que os escoita e que os apoia”, sinalou.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)