AD

Actualidad

O programa do PPdeG leva unha cota cero para os autónomos que inicien a súa actividade en 2024

today12 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • Reforzar a súa figura identitaria, unha campaña informativa que dignifique a súa labor, facilitar o relevo xeracional ou a simplificación administrativa nas axudas,  entre as medidas recollidas polos populares galegos

12 de xaneiro de 2024. O PPdeG recollerá no seu programa electoral para as próximas eleccións autonómicas as principais demandas dos traballadores autónomos galegos, reforzando así as iniciativas tomadas recentemente polo goberno que preside Alfonso Rueda.

Os populares toman de exemplo o programa de axudas do Goberno galego á promoción do emprego autónomo que, dotado con 28,9 millóns de euros, inclúe unha partida de 9,6 millóns para financiar ao 100% a cota reducida dos novos autónomos durante os 12 primeiros meses de actividade.

O equipo redactor do programa electoral do PPdeG, coordinado por Valentín García, mantivo esta semana unha reunión co sector, a través da Asociación intersectorial e interterritorial de autónomos e pequenas empresas de Galicia (APE Galicia), para coñecer de preto as necesidades dun colectivo básico no tecido empresarial e económico galego.

Na reunión, os representantes populares fixéronse eco da necesidade de reforzar o recoñecemento da figura identitaria do autónomo e de poñer en marcha, nese sentido, unha campaña informativa que dignifique a súa labor como motor fundamental da economía. Así mesmo,  recolleron a posibilidade de colaborar co sistema educativo para informar, no ámbito da Formación Profesional, aos alumnos dos último cursos das vantaxes de pertencer ao sector autónomo galego.

Pola súa banda, os representantes deste colectivo incidiron no encontro na necesidade de facilitar o relevo xeracional en negocios e actividades. Sinalando como exemplo e posible solución desta remuda o programa de retorno da Xunta de Galicia, de xeito que permita formar á xente que vén de fóra nos distintos ámbitos profesionais.

AXUDAS ECONÓMICAS, ENTRE AS PRIORIDADES

As axudas económicas aos autónomos tamén figuraron entre as prioridades relatadas e a necesidade de dar máis visibilidade ás promocionadas pola Xunta, a través do Igape, que moitas veces supoñen un apoio importante pero pouco visible.

Outros temas sobre os que tomaron nota os encargados do programa electoral dos populares galegos foron a importancia da simplificación administrativa, da formación do colectivo no seu conxunto e da necesidade de facilitar a certificación profesional para moitos dos seus integrantes.

A reunión mantida esta semana enmárcase dentro das que veñen mantendo nos últimos días os responsables de redactar o  programa electoral para recoller as preocupacións e propostas dos distintos sectores da sociedade galega de cara a elaboración dun proxecto participativo e de amplo espectro social, serio, realista e ambicioso, que permita continuar o avance e a innovación en Galicia.

Así mesmo os populares galegos continúan a recibir as aportacións dos galegos e galegas a través da páxina web rueda.gal para a elaboración dun documento que pretende ser aberto, dinámico e colaborativo de cara as próximas eleccións autonómicas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%