Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 octubre, 2026
A gran cita ximnástica galega celebrarase no Multiusos Fontes do Sar, en Compostela, o sábado 24 e o domingo 25
As entradas, a 12 euros (gratis para menores de cinco anos), son solidarias coa Fundación Andrea
Arredor de 900 xoves atletas de 70 clubs de Galicia, do resto de España e de Portugal, entre elas primeiras figuras do panorama internacional, participarán os días 24 e 25 de outubro de 2026 no Xacobeo de Ximnasia Rítmica V Torneo Internacional VIRAVOLTA-JAEL e VI Gala Internacional de Ximnasia Rítmica, que organiza no Multiusos Fontes do Sar o Club Viravolta Santiago. A cita deportiva estará amadriñada un ano máis pola olímpica española Carolina Rodríguez e o 100% da recadación das entradas (12 euros; os menores de cinco anos entran gratis) destinarase á Fundación Andrea. A Xunta de Galicia, a través do Xacobeo, o Concello de Santiago, Longines, Celta Cargo e Jael Joyería son os patrocinadores principais da cita, que conta tamén co apoio dunha quincena de empresas colaboradoras.
Co apartado competitivo concentrado nas mañás do sábado e do domingo (desde as 8.30 horas), ximnastas de primeiro nivel participarán o sábado ás 17.30 horas na Gala Internacional, presentada por Carolina Rodríguez e o xornalista Álvaro Veiga.
Estrelas convidadas á Gala
Entre as internacionais que acudirán á Gala do sábado pola tarde están Darja Varfolomeev (Alemaña), campioa olímpica en París 2024; Uliana Ianus (Romanía), Tara Dragas (Italia) e Hatice Gökçe Emir (Turquía). Estará tamén a Selección Española, representada polo conxunto sénior, campión do mundo, polas individuais Daniela Picó, Alba Bautista e Lucía González e polas júnior Naira Martínez e Gisela Negre. No programa haberá tamén unha coreografía de ximnasia rítmica masculina con ximnastas galegos e espazo para o deporte adaptado, coa actuación de ximnastas do Club María Barbeito.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)