AD

Comarca

O Festimax reúne en Ames maxia infantil, obradoiros e unha gran gala internacional

today23 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

Onte comezou o Festival de Maxia de Ames con “Patapatún”, maxia para bebés da man do Mago Paco en Bertamiráns. Ao longo da xornada de hoxe desenvolvéronse actividades de maxia para as persoas maiores coa maga Martilda, e o espectáculo de maxia infantil “Xoga e Maxia” do Mago Paco no Milladoiro

Ao longo de catro xornadas, poderase gozar de múltiples espectáculos con oferta para tódalas idades. Este evento conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Ames, 23 de outubro de 2026.- Comezou o Festimax 2026, e fíxoo onte na Casa da Cultura de Bertamiráns coa maxia para bebés “Patapatún” do Mago Paco. Así arrincou a vixésimo primeira edición desta iniciativa tan asentada e aclamada no municipio. O festival, organizado polo Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, conta cun amplo programa de espectáculos e obradoiros para todos os públicos. O espectáculo encargado de abrir a semana máxica foi o de maxia para bebés do Mago Paco, seguido hoxe por Martilda, que visitou esta mañá ás persoas maiores de Bertamiráns. A programación continua ao longo do venres, sábado e domingo. Na actualidade, queda algunha entrada solta para as sesións da Gala Máxica Internacional, en Bertamiráns, que poden adquirirse a través da Billeteira electrónica. Para os obradoiros de maxia quedan algunhas prazas dispoñibles. Os interesados en participar que se acheguen polas Casas da Cultura.

As actividades continúan hoxe venres 23 ao longo de toda a xornada. Ás 11.00h realizouse unha sesión de maxia para as persoas maiores na Casa dos Maiores de Bertamiráns, a cargo da maga Martilda. Pola tarde, ás 17.00h, realizarase outra sesión de maxia para os maiores no local de JUPEMI, no Milladoiro, tamén a cargo de Martilda. O espectáculo de Martilda mestura música, trucos de maxia, moita participación do público e moito humor.

Esta tarde o Mago Paco tamén visitará a Casa da Cultura do Milladoiro, onde representará o seu espectáculo de maxia infantil “Xoga e Maxia”. A actividade terá lugar as 18.00 horas.

Oferta para tódalas idades

A programación do Festimax desta nova edición é moi diversa e está pensada para entreter ao público de diversas idades. Comezando pola primeira actividade, o espectáculo “Patapatún” presentado polo Mago Paco, dirixido aos máis cativos, aos pequenos e pequenas de entre 1 e 4 anos do concello. Esta actividade realizouse onte xoves, 22 de outubro, na Casa da Cultura de Bertamiráns, con moita afluencia de público.

Tamén da man do Mago Paco, hoxe venres, 23 de outubro, preséntase o espectáculo infantil “Xoga e Maxia”, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18.00 horas. Para este espectáculo están todas as entradas vendidas.

Por outra banda, as persoas maiores tamén poden participar no festival de maxia, sendo Martilda a encargada de levarlles a ilusión a este sector de poboación do concello. A primeira sesión realizouse esta mañá, ás 11.00 horas, no Local dos Maiores de Bertamiráns. Pola tarde, ás 17.00 horas, haberá unha segunda sesión no Local JUPEMI do Milladoiro.

Obradoiros de maxia

Nesta ocasión os obradoiros de maxia correrán ao cargo de Samuel Moreno, que contará con 12 participantes por grupo, de entre 8 e 14 anos. No Milladoiro será o sábado, 24 de outubro, ás 11.00 horas, na Casa da Cultura. No caso de Bertamiráns, poderase desfrutar destas actividades o domingo, 25 de outubro, ás 11.00 e ás 12.00 horas, tamén na Casa da Cultura. Para os obradoiros de maxia quedan algunhas prazas dispoñibles. Os interesados en participar que se acheguen polas Casas da Cultura.

Maxia internacional

O prato forte do festival chegará o sábado 24 e o domingo 25 de outubro, coa xuntanza dos magos máis premiados do momento. Así, mesturarase maxia de diferentes estilos e procedencias para crear unha experiencia única. A Gran Gala Máxica Internacional estará presentada polo mago Dani Polo e contará coa participación de David Díaz, procedente de Madrid; Cástor & Pólux, de Valencia; o arxentino Mirko Callaci; e Mag Marín, dende Barcelona.

Esta proposta está dirixida a público maior de 6 anos e representarase o sábado 24 na Casa da Cultura do Milladoiro nunha primeira sesión ás 17.00 horas, e nunha segunda ás 19.30 horas. O domingo 25 terá lugar no mesmo horario na Casa da Cultura de Bertamiráns. Na actualidade, queda algunha entrada solta para as sesións da Gala Máxica Internacional, en Bertamiráns, que poden adquirirse a través da Billeteira electrónica.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *