AD

Actualidad

O programa de emprego do Tambre facilita contratos a 75 dos seus 100 participantes

today24 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

Xestionáronse 22 prácticas en empresas, impartíronse máis de 350 horas de formación e de 400 sesións de orientación individual que axudaron a mellorar as competencias e abrir oportunidades laborais

Un centenar de menores de 30 anos, mulleres desempregadas e inmigrantes participaron nesta edición da iniciativa, financiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2026 (Vía Láctea Comunicación).- A Asociación Área Empresarial do Tambre finaliza o vindeiro luns, 26 de outubro, a última edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia 2025/2026, financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).

No programa, destinado a fomentar a promoción da inserción laboral e a creación de novas oportunidades profesionais na comunidade, participaron 100 persoas menores de 30 anos, mulleres desempregadas e inmigrantes. Segundo o balance da convocatoria, *75 persoas conseguiron un contrato laboral e 54 están insertadas laboralmente segundo os criterios do programa.

Impartíronse máis de 350 horas de formación, coa celebración de cursos do sector loxístico, comercio e limpeza, así como formación transversal de prevención de riscos laborais, manipulación de alimentos, primeiros auxilios, habilidades sociais ou introdución á intelixencia artificial, entre outros.

Realizáronse tamén máis de 400 titorías ou entrevistas de orientación individuais para mellorar as competencias e abrir portas aos participantes cara a novas oportunidades no mercado de traballo. Tamén se xestionaron 22 prácticas laborais en empresas e organizáronse talleres de busca de emprego para conectar ás persoas coas empresas locais.

Os participantes puidéronse beneficiar dunha bolsa de asistencia a cursos, tanto presenciais como teleformación, de 10 euros por día.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *