Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today30 abril, 2026
O portavoz do BNG, Pablo Vidal, denunciou no pleno da corporación municipal “a situación de parálise que padecen os catro procesos de concentración parcelaria sen rematar no concello de Ordes, cuxa tramitación supera xa os 35 anos” facendo referencia ás concentracións de Mercurín – Lesta II, Parada II, San Paio de Buscás II e Vilamaior – Barbeiros II. Vidal lembrou que “ao longo destes anos, desde o grupo municipal do BNG amosamos a nosa preocupación sobre a situación dos citados procesos de concentración parcelaria, recibindo unicamente escusas por parte do PP”.
Os nacionalistas compararon a situación de Ordes coa de outros concellos veciños, lembrando que “o 17 de abril deste ano procedeuse coa entrega de títulos da concentración parcelaria de Xanceda – Mesía II, e o 23 de xullo do ano pasado entregáronse no concello de Oroso, os títulos da concentración parcelaria de Ánxeles – Calvente – Pasarelos – Marzoa II”.
Para Vidal, non existe xustificación para que “na contorna poidan entregarse concentracións parcelarias que foron decretadas nunha data semellante ou mesmo sensiblemente posterior ás concentracións parcelarias pendentes en Ordes, ás que por certo, resulta aplicable a mesma lexislación e procedemento de tramitación, mentres que a veciñanza de Ordes segue discriminada polo goberno da Xunta de Galiza e agardando mais de 35 anos por uns títulos que nunca dan chegado”.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)