Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today3 diciembre, 2023
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2023.- Os socialistas galegos preparan unha convención política que terá lugar en Compostela o 16 e 17 de decembro no que sentar as bases do seu ideario de cara as eleccións autonómicas. Unha convención na que participarán representantes do PSdeG de Santiago co obxectivo de “contribuír a facer ese proxecto sólido e potente para toda Galicia”, pero “poñendo enriba da mesa os intereses de Santiago” explicou o seu Secretario Xeral, Aitor Bouza.
Nunha Asamblea extraordinaria celebrada este sábado, a militancia socialista de Compostela deu a súa aprobación a unha delegación que inclúe integrantes da Comisión Executiva, do Grupo Municipal, a deputada Noa Díaz e a secretaria de Estado, Pilar Cancela, ademais doutros militantes de base.
“Fronte a ese nerviosismo desquiciante do PP que está a mostrar nas últimas semanas,o que queremos desde o PSdeG é mostrar ese proxecto alternativo, sólido e viable para que os cidadáns de Compostela e de Galicia vexan unha alternativa de goberno clara no noso país” recalcou Bouza, convencido das posibilidades e Besteiro para liderar “ese goberno de progreso que vai empezar en moi poucos meses na Xunta de Galicia”.
Fronte a isto, asegura o líder dos socialistas composteláns, “temos a un Partido Popular de Rueda que o único que propón aos galegos e galegas é crispación”. Unha actitude que, segundo os socialistas, demostra que os conservadores non teñen “ningún tipo de proposta real para defender os intereses das galegas e galegos”.
Asegura Bouza que “Galicia precisa un presidente que defenda os intereses de Compostela”, e fixa como cuestións prioritarias o novo aparcadoiro para o Hospital Clínico, o novo centro de saúde de Conxo, unha escola infantil en Santa Marta ou o incremento da aportación da administración autonómica ao estatuto da Capitalidade, ao Consorcio e ao Servizo de Axuda no Fogar. Cuestións que abordan nas emendas socialistas aos orzamentos da Xunta que comezarán a debaterse a próxima semana.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)