Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O veciño de Oroso, Ricardo Rodríguez Lagares, celebrou o pasado domingo o seu 100 aniversario rodeado de familiares e amigos nunha entrañable reunión que tivo lugar na súa vivenda en Mijoi, parroquia de Calvente. Ricardo, que leva 75 anos residindo nesta localidade, converteuse nun exemplo de vitalidade e unha figura moi querida pola súa comunidade.
Dende o Concello de Oroso, o alcalde, Álex Doval, transmitiu unha mensaxe de felicitación e recoñecemento. «É unha honra celebrar a vida dunha persoa que forma parte da memoria viva do noso municipio. Desexámoslle moita saúde e felicidade neste día tan especial», destacou.
Ricardo Rodríguez, nacido en 1924, compartiu con emoción algúns recordos dos seus anos mozos e mostrouse agradecido polo cariño recibido. A celebración estivo marcada pola alegría e a unión, reflectindo o profundo afecto que a súa familia e a comunidade teñen por el.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)