Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 mayo, 2024
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024.- O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o festival O Son do Camiño, que mañá inicia a súa quinta edición, permite situar Galicia “no top da música europea e internacional” e se trata dunha cita que contribúe a levar “a marca Galicia” -vencellada ao Xacobeo- por todo o mundo.
Rueda visitou este mediodía as instalacións do Monte do Gozo onde se celebrará este certame que reunirá a 40.000 asistentes entre mañá e o vindeiro sábado e que terá sobre o escenario a artistas como Green Day, Love of Lesbian, Baiuca, Pet Shop Boys, Melendi, Ana Mena, Myke Towers, J Balvin ou Thirty Seconds to Mars.
O titular do Goberno galego fixo fincapé na importancia de este festival á hora de atraer visitantes á comunidade cunha elevada taxa de ocupación hoteleira. “Son tres días para desfrutar e nos que Galicia vai estar posta no mapa a través da música”, resaltou.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)