AD

Actualidad

Santiago acollerá o 27 de outubro un simulacro de emerxencia no túnel do Hórreo

today23 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

O Concello de Santiago en colaboración co Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible vai levar a cabo un simulacro de actuación e coordinación entre todos os servizos implicados (emerxencias, bombeiros, sanitarios, policía local, xestores do túnel, protección civil…) ante un sinistro que implicaría a extinción dun incendio e a evacuación de feridos e de usuarios do túnel de Cornes-Horreo na SC-20, que une o Polígono do Tambre co Milladoiro.

Santiago será o escenario o vindeiro 27 de outubro dun simulacro organizado polo Concello en cooperación co Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible no túnel de Cornes- Horreo. Durante a preparación e realización do simulacro será preciso realizar desvíos de tráfico que garantan a seguridade dos usuarios e dos servizos de emerxencia.

Deste xeito, o tráfico na SC-20 en ambos os sentidos de circulación cortarase entre a saída do punto quilométrico 6+000 cara á rúa do Hórreo e a saída do punto quilométrico 7+000 cara á rúa Romero Donallo e Amor Ruibal (entrada e saída do túnel), entre as 10:00 horas e as 15:00 horas do martes 27 de outubro. Os desvíos estarán debidamente sinalizados.

Seguridade nos túneles

O Real Decreto 635/2006, do 26 de maio, sobre requisitos mínimos de seguridade nos túneles de estradas do Estado, establece no apartado 5 do seu Anexo II, que o xestor do túnel e os servizos de emerxencia organizarán, en cooperación co responsable de seguridade e cos organismos competentes en materia de protección civil, simulacros periódicos conxuntos para o persoal do túnel e os servizos exteriores de emerxencia polo menos cada 4 anos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *