AD

Actualidad

Santiago encarga un estudo para reparar o muro derrubado en Bonaval

today14 abril, 2026

Fondo
share close
AD

O Concello de Santiago continúa avanzando na tramitación das actuacións necesarias tras o derrubamento rexistrado o pasado mes de febreiro nun tramo do muro do antigo cemiterio de Bonaval, situado no ámbito do Parque de Bonaval.

O goberno local formalizou xa a contratación dun estudo técnico especializado que permitirá determinar as causas do colapso, avaliar a estabilidade do resto da estrutura e definir as posibles solucións de reparación. O traballo foi adxudicado á empresa EPTISA, Servicios de Ingeniería, S.L. e contará cun prazo de execución aproximado de tres meses.

Segundo fontes municipais, o estudo incluirá un levantamento topográfico detallado, a monitorización de movementos, unha campaña xeotécnica con calicatas e ensaios, así como unha análise estrutural completa do muro. Ademais, elaborarase unha proposta de solucións técnicas acompañada dunha estimación económica.

Este martes celebrouse unha primeira reunión de coordinación entre o Concello e a empresa adxudicataria, na que se fixou o calendario inicial dos traballos. Está previsto que mañá mércores comecen os labores topográficos na zona afectada, paso previo á realización dos ensaios xeotécnicos que permitirán analizar o comportamento do terreo.

Unha vez dispoñibles os resultados, redactarase o informe técnico definitivo, no que se identificarán as causas do derrubamento, avaliarase o estado do conxunto do muro e formularanse distintas alternativas de intervención.

A solución final deberá axustarse aos criterios dos organismos competentes en materia de patrimonio, especialmente da Comisión Asesora de Patrimonio Cultural, dado que o ámbito afectado conta coa catalogación de Ben de Interese Cultural (BIC).

O Concello tamén estuda a posible colaboración co Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do proxecto.

A actuación estrutúrase en dúas fases: unha primeira, actualmente en execución, centrada nos estudos técnicos, e unha segunda que abordará a redacción do proxecto de intervención.

Dende o goberno local subliñan que todo o proceso se está a levar a cabo baixo criterios de rigor técnico, prudencia e respecto ao valor patrimonial do contorno, co obxectivo de garantir a estabilidade, a seguridade e a adecuada conservación dun espazo de gran relevancia histórica como é o Parque de Bonaval.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *