AD

Actualidad

Serafina Barbazán, veciña de Rois, cumpre 102 anos

today3 enero, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

  • O rexedor entrégalle un retrato, un ramo de flores e unha carta de felicitación
  • A centenaria, que goza de boa saúde, mantivo unha amena conversa con Ramón Tojo

Rois. 3-1-2024. O alcalde de Rois, Ramón Tojo, visitou o domicilio de Serafina Barbazán Neo en Moares, Ermedelo, para celebrar coa veciña os seus 102 anos, feitos o pasado 30 de decembro.
Durante a súa visita, Tojo entregoulle un retrato que foi eloxiado pola propia Serafina, ao verse moi favorecida, ademais dun ramo de flores e dunha carta de felicitación que a homenaxeada leu perfectamente sen precisar lentes.

Nun encontro moi ameno no que tamén estivo presente a familia de Serafina, a centenaria conversou co rexedor e confirmou que se atopa ben de saúde.
Serafina Barbazán Neo, nacida en Vilar, Viceso (Brión) o 30 de decembro de 1921, fixo de Moares o seu fogar despois de casar con Vicente Boullón Rey, quen faleceu nos anos oitenta. Ten tres fillos (María, Manuel e Celia), que a acompañaron durante a visita do alcalde.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%