Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
• Cristóbal Dios, Bruno Castro, Nuria Mejuto e Alba Muñiz completaron o podio da 10K
• Irene Mirás e Eloy Castro foron os primeiros na 5K
• Paula Paredes e José Suárez e Noelia Suárez e José Manuel García, os melloren bañenses na 10K e 5K, respectivamente
• O alcalde, José Antonio Pereira; a concelleira Ana Pensado e o deputado provincial Antonio Leira entregaron os premios
A Baña. 3-5-2026.- Soledad Leiro e Amador Pena proclamáronse gañadores da proba de 10 quilómetros na II Carreira Popular da Baña que se celebrou esta mañá con récord de participación, ao contar con 368 persoas inscritas. Na proba de 5K os máis rápidos foron Irene Mirás e Eloy Castro.
O alcalde, José Antonio Pereira; a concelleira de Deportes, Ana Pensado, e o deputado provincial de Deportes, Antonio Leira, foron os encargados de dar a saída e entregar os premios nas diferentes categorías.
Amador Pena (34:39), do Atletismo Obradoiro, non lle deu opción aos seus rivales na 10K ao sacarlle na meta oito segundos a Cristóbal Dios (34:47, C.A. A Estrada), despois dunha primeira volta ao circuíto na que ambos atletas marcaron o ritmo da carreira. O terceiro posto foi para Bruno Castro, do Corrrexallas, que rematou nun tempo de 35:00.
Na categoría feminina Soledad Leiro (40:20, SD Compostela Atletismo) tamén amosou a súa superioridade ao cruzar na meta con 48 segundos de vantaxe sobre a súa compañeira de equipo Nuria Mejuto (42:08) e de Alba Muñiz, da Asociación Running Team, que remataou nun tempo de 42:50.
Os mellores atletas da Baña na 10K foron Paula Paredes (43:01) e José Suárez (36:44), que subiron ao podio xunto a Lara Vieito Mira (56:05), Xandra Rodriguez (57:25), Marcos Paredes (45:09) e Antonio Barreiro (45:31).
Na clasificación por equipos, a SD Compostela Atletismo levou o primeiro premio, seguido do Club Atletismo Sar e do CD Brion Hyupersa.
Na proba de 5 quilómetros Eloy Vázquez (16:33, SD Compostela) foi claro vencedor, ao sacarlle seis segundos na meta a Mario Santos (16:39, do Atletismo Rías Baixas) e 44 ao terceiro clasificado, Alex Gómez (17:17, do Olímpico de Vedra).
Na categoría feminina, Irene Mirás (22:38) tampouco lle deu opción nin a Ivana Iglesias (22.54) nin a Tatiana Luna (23:43), que quedaron segunda e terceira clasificada.
Os mellores atletas da Baña nesta proba foron José Manuel García Antelo (18:57), Adrián Darriba (19:15) e Laurentino Arnejo (22:34), mentres que en mulleres subiron ao podio Noelia Suárez (24:04) e Alba Pérez (24:26).
A II Carreira Popular da Baña tivo tamén probas para as categorías escolares, dende biberón e prebenxamín, ata Sub-16.
Podes consultar todas as clasificacións na web Carreiras Galegas.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)