AD

ames

536 Resultados / Página 1 de 60

Fondo
AD

Actualidad

Blas García reclama unha nova conexión para O Milladoiro ante a previsión de case mil vivendas máis

O alcalde de Ames pide á Xunta un estudo para mellorar os accesos a través do polígono empresarial, destaca os datos de emprego do municipio e reivindica o diálogo entre administracións nunha entrevista en Radio Líder Santiago. https://www.youtube.com/watch?v=BNC8thURHLw O crecemento residencial do Milladoiro require novas solucións de mobilidade. Así o defendeu o alcalde de Ames, Blas García, nunha entrevista en Radio Líder Santiago na que reclamou á Xunta un estudo para conectar o núcleo urbano coa autovía a través do […]

today29 octubre, 2026

Comarca

A VI Feira do Monte contará con 29 expositores e novas actividades para a rapazada no Monte Miúdo

Blas García: “ao longo dos anos fomos dando pasos para que esta se converta nunha feira que sirva de encontro para todas aquelas persoas que quixeran vir a visitarnos. É un encontro que combina tradición e futuro porque inclúe as raíces, as tradicións, a cultura popular, a música, e algo moi importante como é a gastronomía. E todo iso forma parte da idiosincrasia do noso concello, e é por iso que comezamos a facer esta iniciativa”, apuntou Javier Antelo tamén […]

today26 octubre, 2026

Comarca

Ames licita as obras de pavimentación de diversos viarios da parroquia de Ortoño

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “xa estamos aprobando a licitación de varios proxectos incluídos no POS+ 2026, que foron aprobados en pleno no pasado mes de febreiro” “Primeiro aprobáronse os proxecto de mellora e acondicionamento do parque de Pardiñeiros, situado na localidade do Milladoiro, e das obras que se van executar en Trasmonte, para mellorar os viarios que discorren pola aldea de O Portanxil e dan acceso ao lugar de Leboráns. Agora tócalle a […]

today13 octubre, 2026

Comarca

Licitadas as obras para aliviar o tráfico na intersección da SC-20 coa N-550 no Milladoiro

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible licitou por un importe de 603.838 euros (IVE incluído) o contrato de obras para a mellora da intersección entre as estradas SC-20 e N-550, na entrada á localidade do Milladoiro A través desta actuación vaise a construír un carril segregado na estrada SC-20, pola súa marxe dereita, polo que se dará acceso a Porto, Ventín e ao parque empresarial do Milladoiro Ames, 8 de outubro de 2026.- O Ministerio de Transportes e Mobilidade […]

today8 octubre, 2026

Deportes

Raúl Rodríguez, campión galego de kumite júnior -61 kg

A Escola de Karate Dokkodo participou no Campionato galego cadete e júnior, celebrado este pasado sábado no pavillón municipal de Esteiro, en Ferrol. Raúl Rodríguez proclamouse campión galego de kumite júnior -61 kg, mentres que Martín Carballo e Santi Ribas participaron na categoría cadete -52 kg. A Escola de Karate Dokkodo regresou este sábado de Ferrol cunha medalla de ouro no Campionato galego cadete e júnior, celebrado no pavillón municipal de Esteiro, nunha competición que reuniu aos mellores deportistas galegos […]

today6 octubre, 2026

Comarca

Ames convoca a sexta edición do concurso fotográfico Enfoca Ames

O alcalde e concelleiro de Turismo, Blas García, puxo o foco na importancia desta iniciativa “para poder descubrir o noso concello, de dúas maneiras. Por unha parte,  descóbreno as persoas que participan e presentan as súas obras, pero tamén a cidadanía, xa que a través desas fotos, moitos veciños e veciñas de Ames coñecen algúns dos lugares máis fermosos que temos no noso concello” O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, afondou nos obxectivos […]

today5 octubre, 2026

Comarca

Ames, único concello galego participante en Innpulso Emprende 2026 cun sistema integral de Physical AI

A tecnolóxica amesá e o Concello de Ames presentaron en Terrassa un ecosistema omnicanal que conecta a información oficial dos Concellos cos cidadáns mediante pantallas intelixentes e robots humanoides Alejandro Valiñas, CTO de Binarial, destaca “a pregunta xa non é se as máquinas poden pensar, senón que imos facer con esa intelixencia. En Binarial aplicámola para que a Administración estea máis preto das persoas” A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que “Ames conta cun enorme potencial de […]

today30 septiembre, 2026

Comarca

Ames súmase á XIX edición de «Móllate polos ríos» cunha limpeza do rego do Ameneiral

O concello de Ames participa na XIX edición da iniciativa “Móllate polos ríos”, coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA). Esta botou a andar no ano 2008, desde o que un día ao ano se celebra a xornada de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galicia A actividade desenvolverase este domingo, 4 de outubro, de 11.00 a 13.00 horas, e consistirá na limpeza dun tramo do rego do Ameneiral. Dende o Concello anímase a todas as persoas […]

today29 septiembre, 2026

Comarca

Ames participa na I Marcha Prevención do Dano Cerebral

A concelleira de Benestar Social e Voluntariado de Ames, Uxía García, dixo que “trátase dunha causa xusta e solidaria para que os Concellos de Ames e Santiago se xunten e colaboren nesta iniciativa. Convido á veciñanza a participar nesta marcha, que esperamos sexa multitudinaria” A concelleira de Deportes e Relacións Veciñais de Santiago de Compostela, Pilar Lueiro, destacou que “desde o Concello de Santiago é un pracer colaborar nesta primeira marcha e congratulámonos de que sexamos dous concellos limítrofes os […]

today29 septiembre, 2026

AD