AD

boqueixon

78 Resultados / Página 1 de 9

Fondo
AD

Comarca

Boqueixón impulsa os “Tardeos no Pico Sacro” para potenciar o turismo e os produtos locais

O alcalde de Boqueixón e o chef lalinense Álex Iglesias presentarán esta iniciativa nun “Almorzo saudable” coa rapazada do Verán Activo Boqueixón, 29 de xuño de 2026.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentarán mañá martes 30 de xuño a iniciativa “Tardeos no Pico Sacro”. Unha presentación que terá lugar no aparcamento do Monte Ilicino ás 11:30 horas e no que tamén estarán presentes uns corenta nenos e nenas do programa de conciliación Verán Activo, […]

today29 junio, 2026

Comarca

O Pico Sacro acollerá este domingo a Cerimonia do Lume Sagrado

As persoas que desexen unirse ao séquito da Asociación Cultural O Castro da Fervenza poden solicitar un traxe no Departamento de Formación, Emprego e Turismo de Boqueixón antes deste venres O Pico Sacro de Boqueixón acollerá este domingo 21 de xuño, ás 13:00 horas, a tradicional Cerimonia do Lume Sagrado. Trátase dunha celebración de orixe celta baseada na historia da raíña Alda e que recuperará de forma simbólica a tradición dos nosos devanceiros de obter o “lume sagrado” directamente do […]

today17 junio, 2026

Comarca

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027

María Martínez e Ovidio rodeiro asinan o convenio para mellorar os itinerarios peonís en Lestedo, que ascende a máis de 460.000 € Boqueixón, 6 de maio de 2026.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, María Martínez Allegue, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para mellorar os itinerarios peonís en Lestedo, que contempla un investimento total de máis de 460.000 euros. Unha actuación que se desenvolverá ao abeiro do Plan Hurbe da […]

today6 mayo, 2026

Comarca

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego

Boqueixón, 27 de abril de 2026.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro; e o presidente da Asociación das Carrozas do San Cidre, Alejandro Pena; presentaron hoxe a programación da 52 edición da Festa das Carrozas do San Cidre, a primeira que se desenvolverá baixo a distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia e cuxo día grande terá lugar o domingo 17 de maio. Un acto no que estiveron acompañados por Juan Neira, representante da Comisión de Festas; Mónica López, […]

today27 abril, 2026

Comarca

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna

Os planos xa están expostos no local social de Lamas e poderán consultarse a partir do luns 13 de abril Boqueixón, 10 de abril de 2026.- Máis de 200 veciños e veciñas de Boqueixón ateigaron o centro social de Lamas para asistiren a unha reunión informativa sobre o procedemento de investigación da propiedade na parcelaria de Lamas, Loureda, Sergude e Vigo. Un paso adiante neste proceso de reestruturación parcelaria que está a reorganizar unha superficie de 1.957 hectáreas, divididas en […]

today10 abril, 2026

Comarca

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias O local social de Lamas acollerá mañá mércores, ás 21:00 horas, a segunda xuntanza deste ano Boqueixón. 31 de marzo de 2026. O Concello de Boqueixón retoma as reunións informativas por parroquias, que terán lugar entre os meses de abril e maio. Unha iniciativa que xorde tras a boa recepción que tiveron estes encontros parroquiais celebrados a finais de 2024 e principios de 2025. Nestas reunións, o Grupo de […]

today31 marzo, 2026

Comarca

Boqueixón licita por máis de 60.000 euros a mellora da senda dos pescadores do Ulla

Colocará nova sinalización e aparcabicis e fará unha escaleira para facilitar o acceso á Fervenza de Codeso Boqueixón. 2 de marzo de 2026. O Concello de Boqueixón vén de licitar por 60.574,87 euros o proxecto de mellora e ampliación da senda dos pescadores e viticultores do Ulla. Trátase dunha senda existente á beira do río e que discorre por camiños que eran usados tradicionalmente polos pescadores da zona. Agora, co asentamento na comarca de novos viticultores, o Concello aposta por […]

today2 marzo, 2026

Arte y Cultura

A tradición dos Atranques resiste en Sergude pese ao temporal

Boqueixón, 16 de febreiro de 2026.- Aínda que a meteoroloxía quixo ser a protagonista da xornada, as gañas de Entroido e de festa da veciñanza impuxéronse a unha chuvia continua e intensa durante toda a xornada. Algo que agradeceron especialmente dende a Comisión de Festas de Lamas (Sergude), con mención especial para as persoas que percorreron a parroquia durante a mañá formando parte dos Correos, Xenerais e Comparsas cos seus cantos de taberna e acompañados polo grupo local “Son de […]

today16 febrero, 2026

Comarca

Ovidio Rodeiro reivindica o investimento histórico en saneamento e pon en valor o músculo festivo de Boqueixón

O alcalde debulla na radio os grandes proxectos en marcha —2 millóns para completar o saneamento, novas Casas do Maior e melloras en infraestruturas— mentres anima a participar na Festa da Filloa e no Entroido de Sergude O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, fixo balance da actualidade municipal nunha entrevista radiofónica na que combinou reivindicación institucional, datos de investimento e unha firme defensa das tradicións locais. Nun momento clave do calendario, coa Festa da Filloa de Lestedo en marcha e […]

today14 febrero, 2026

AD