AD

Deputación da Coruña

A Deputación destina medio millón de euros para apoiar 24 grandes eventos deportivos

today4 mayo, 2026

Fondo
share close
AD
  • O investimento apoia a celebración de campionatos do mundo, probas europeas e citas estatais en disciplinas como o surf, o automobilismo, o atletismo ou karate

A Deputación vén de conceder, de forma provisional, medio millón de euros en axudas para impulsar a celebración de grandes eventos deportivos na provincia. Esta liña de subvencións, que beneficia a 24 entidades coruñesas, axuda a consolidar que a provincia siga presente en eventos deportivos de prestixio en múltiples disciplinas. A contía das axudas varía entre os 19.500 e os 24.500 euros.

Entre os proxectos seleccionados figuran citas consolidadas no calendario internacional, como a 39ª edición do Pantín Classic Galicia Pro, o Trial das Nacións en Arteixo ou o Campionato do Mundo de 100 quilómetros que discorrerá entre Ames e A Coruña. A axuda provincial cobre unha parte fundamental dos orzamentos destas probas, que pola súa magnitude e proxección atraen a milleiros de visitantes e xeran un forte impacto económico nos concellos onde se celebran.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, destaca que «levamos anos traballando para que esta provincia acolla eventos de grande interese deportiva a nivel internacional». Leira incide en que «só hai que mirar aos últimos meses para comprobar esta realidade: rallyes históricos como os de Noia ou Ferrol, o campionato de España de Salvamento e Socorrismo ou o recentemente celebrado WKF Series A de karate, que trouxo á Coruña 1.3000 participantes de 85 países de todo o mundo; son só algúns exemplos recentes deste impulso que o deporte nos dá como territorio, logrando darnos a coñecer polo noso bo facer en todo o mundo».

A continuación detállanse as entidades beneficiarias e os importes concedidos:

· Asociación Cultural e Deportiva Vella Escola: Campionato de España de Breaking e Compostela Street 2026 (19.500,00 €)

· Club Deportivo Elemental Ecodeporte: 33 Campionato do Mundo de 100km Ames-A Coruña (21.500,00 €)

· Club Deportivo Equiocio: XXXV Concurso Hípico Nacional 3 Estrellas Equiocio 2026 (21.500,00 €)

· Club Hercules XTRM: 6ª Travesía Costa Ézaro 2026 (19.500,00 €)

· Club Hipico Marco das Pias: Concurso de Salto Nacional Marco das Pías (21.500,00 €)

· Club Motomontañismo Arteixo: Trial das Nacións-Arteixo 2026 (21.500,00 €)

· Club Praia de Pantin: 39ª Campionato do Mundo de Surf Abanca Pantin Classic Galicia Pro (21.500,00 €)

· Club Rally Coruña: 18º Autocross de Carballo – Campionato de España (19.500,00 €)

· Club Rally Terra de Galicia: Rally Terra de Galicia 2026 – Campionato de España (19.500,00 €)

· Club Rallye Rias Altas: Rally Rías Altas Histórico 2026 (19.500,00 €)

· Club UTMC: VI Desafío Internacional Ecocamiño 50K (19.500,00 €)

· Club Victoria de Santiago de Compostela: Torneo Atlánticas de fútbol feminino (21.500,00 €)

· Congostra Team Sanxenxo: I Rallysprint Cerceda – Tordoia (19.500,00 €)

· Escudería Automovilística del Ferrol: 57 Rally de Ferrol (19.500,00 €)

· Escudería Berberecho: Rally de Noia (19.500,00 €)

· Escudería La Coruña: 10 EcoRally A Coruña (19.500,00 €)

· Escudería Peña Autocross Arteixo: 30 Autocross Arteixo – Campionato de España (19.500,00 €)

· Federación de Salvamento e Socorrismo Galicia: Campionatos de España de Salvamento e Socorrismo en Razo (21.500,00 €)

· Federación Española de Karate: WKF Series A – Competición Internacional (24.500,00 €)

· Federación Galega de Atletismo: XXXIX Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns da Coruña (21.500,00 €)

· Federación Gallega de Balonmano: IV Torneo Nacional de Balonmán Provincia da Coruña (21.500,00 €)

· OCR Cerceda: Poseidón Race Cerceda 2026 (21.500,00 €)

· Samurai Sport’s Club: IX Samurai Xtreme Race Lago das Pontes (24.500,00 €)

· Sociedad Deportiva Rio Sar: Campionato de España de Compak-Sporting 2026 (21.500,00 €)

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *