Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today8 noviembre, 2023
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, reuniuse co presidente da Deputación, Valentín Formoso
A Coruña, 8 de novembro de 2023.- A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuníronse na sede da institución provincial para abordar a situación actual de distintos proxectos de mellora das estradas provinciais no municipio que quedaron pendentes do anterior mandato. Formoso e Calvo de la Uz trataron a necesidade de abordar a ampliación e mellora da seguridade da estrada provincial DP 8201. A rexedora sinalou que o Concello de Teo considera importante levar a cabo estas obras nunha vía pola que circulan a diario máis de 2.000 vehículos e que conecta Teo cos concellos veciños de Rois, Vedra e Padrón.
Entre as necesidades de mellora deste vial figura a eliminación das curvas do denominado tramo do Castrillón, co fin de evitar accidentes. Formoso afirmou que os servizos técnicos de Vías e Obras analizarán a situación da vía, especialmente neste tramo de curvas, para buscar solucións que garantan a seguridade do tráfico. As actuacións comezarán coa redacción dun proxecto que contemple solucións a estas necesidades.
O presidente e a alcaldesa abordaron tamén a situación do proxecto de mellora da seguridade en Luou (DP-0205). Formoso aclarou que o proxecto de humanización nun só tramo da vía (a que atravesa o núcleo de Luou) que propoñía o anterior goberno municipal non se axusta á tipoloxía das obras que realiza a Deputación nas súas estradas, polo que se propuxo como solución alternativa a construción dunha variante que permita a circulación nunha estrada ancha e segura e, ao mesmo tempo, a cesión do mencionado tramo ao Concello, que sería o que se encargaría de acometer o proxecto de humanización.
Para realizar esta obra é necesario introducir cambios no PXOM que contemplen esta variante, algo que o Concello de Teo non realizou no anterior mandato.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)