AD

Comarca

Teo licita o contrato para o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

today15 julio, 2026

Fondo
share close
AD
  • Trátase dun tramo cunha lonxitude total duns 1.200 metros con anchuras variables e, polo tanto, unha superficie a aglomerar de 5.020 metros cadrados
  • As actuacións previstas pretenden resolver o deficitario estado de conservación dos pavimentos da calzada, posto que o seu lamentable estado repercute nun grave prexuízo no uso destas infraestruturas polo cidadán
  • Os interesados teñen toda a información do proceso na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar ofertas ata o vindeiro 28 de xullo

Teo (A Coruña), 15 de xullo de 2026.- O Concello de Teo vén de licitar o contrato para o afirmado e acondicionamento do viario municipal en Agromaior, por importe de 75.941,08
euros. Esta actuación levarase a cabo mediante unha subvención do Plan Camiña Rural 2026-2027 da Consellería do Medio Rural.

As obras a realizar consisten fundamentalmente na mellora da capa de rodamento das pistas de titularidade municipal sobre as que se obra no lugar de Agromaior. Trátase dun tramo cunha lonxitude total duns 1.200 metros con anchuras variables e, polo tanto, unha superficie a aglomerar de 5.020 metros cadrados. Logo da limpeza de gabias, levarase a cabo a mellora da capa de rodaxe e a sinalización horizontal e vertical, con pintado de liñas en bordes e colocación de sinais.

Esta zona de actuación presenta graves deficiencias en canto ao acabado superficial do pavimento da calzada e das gabias, o que impide o seu correcto funcionamento, presentando descarnaduras, fendas e fochancas distribuídas de maneira xeneralizada pola súa superficie.

As actuacións previstas pretenden resolver o deficitario estado de conservación dos pavimentos da calzada, posto que o seu lamentable estado repercute nun grave prexuízo no uso destas infraestruturas polo cidadán.

Os interesados teñen toda a información do proceso na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar ofertas ata o vindeiro 28 de xullo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *