Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 enero, 2024
A Concellaría de Mobilidade e Convivencia do Concello de Santiago de Compostela informa de que o vindeiro venres, 5 de xaneiro, con motivo da celebración da tradicional Cabalgata de Reis, adoptaranse unha serie de medidas de ordenación do tráfico.
A Cabalgata de Reis sairá ás 17.00 horas da praza de Nosa Señora da Mercé e fará o seguinte percorrido: avda. de Ferrol, rúa de Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, rúa de República do Salvador, rúa do Hórreo, praza de Galicia, rúa da Senra, rúa da Porta Faxeira, rúa do Vilar, rúa de Fonseca e praza do Obradoiro. Estas rúas quedarán pechadas á circulación durante o paso das carrozas.
Tamén se recomenda aos/ás condutores/as que eviten circular pola avenida de Romero Donallo ao inicio da Cabalgata polos cortes que se producirán á altura da confluencia desta coa rúa Frei Rosendo Salvado. Tamén quedará cortado o tráfico neste horario no túnel da rúa Mestre Mateo e na subida de Romero Donallo dende a rotonda da Pontepedriña.
Así mesmo, recoméndase aos/ás condutores/as que, na medida do posible, eviten circular polo centro urbano ao longo da tarde deste xoves.
Estacionamento
A partir das 15.00 horas queda prohibido o estacionamento nas seguintes rúas afectadas polo itinerario da Cabalgata: Frei Rosendo Salvado, República do Salvador e Hórreo (tramo que vai dende República do Salvador ata a praza de Galicia).
Desvíos
Dende a rúa Doutor Teixeiro, pola praza do Doutor Puente Castro, rúa da Rosa, rúa Antonio Casares e avenida de Lugo, ou ben pola rúa do Hórreo e pola avenida de Lugo.
Dende Vista Alegre-Salvadas, en dirección ao Campus Sur e á estrada de Noia (C-543), polas rúas Poza de Bar e San Lourenzo.
Dende as vías procedentes de Ourense e da Estrada, en dirección á zona sur -estradas de Pontevedra (N-550) e Noia (C-543)-, pola zona do Castiñeiriño, a través do vieiro Santiago de Cuba e a través do cuarto xiro de Cornes, para así incorporarse ao periférico e dende alí ás estradas referidas.
Durante o percorrido da Cabalgata, estará pechada ao tráfico a rúa Fonte de San Antonio, polo que os vehículos que baixen dende a Porta do Camiño serán desviados pola rúa Castrón Douro, e os vehículos que suban pola rúa Rosalía Castro serán desviados pola avda. da Coruña.
As liñas de transporte urbano que circulan polo percorrido sufrirán durante o paso das carrozas pequenas alteracións das que se dará conta a través dos paneis informativos.
Recomendación de non uso de sprays
A Concellaría aposta tamén por unha cabalgata segura, polo que recomenda a todos os veciños e veciñas que non usen sprays de neve e de serpentinas, que impiden a visión dos vehículos e poñen en perigo a seguridade da comitiva, así como do público asistente.
Estas substancias quedan adheridas aos cristais e espellos dos vehículos, sen posibilidade de retiralos co uso dos limpaparabrisas e limitan drasticamente a visibilidade dos condutores. Ademais da evidente situación de perigo que isto supón, tamén se xeran condicións de traballo moi complicadas.
A Concellería de Mobilidade e Convivencia prega aos cidadáns e cidadás que respecten estas recomendacións e desculpen as molestias que os cortes de tráfico lles poidan ocasionar. Así mesmo, a Policía Local e Protección Civil piden que se sigan as súas indicacións.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)