Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today21 octubre, 2026
Un camión envorcou na mañá deste mércores na autoestrada AP-9, á altura do quilómetro 47, no termo municipal de Ordes, provocando incidencias na circulación en dirección á Coruña.
O accidente produciuse arredor das 06:30 horas, cando o vehículo pesado envorcou por causas que polo momento se descoñecen.
A consecuencia do sinistro, foi necesario cortar o carril esquerdo da autoestrada, mentres que o dereito permaneceu aberto ao tráfico. Segundo as primeiras informacións, o condutor do camión resultou ileso.
Ás 08:42 horas, o carril esquerdo continuaba cortado, aínda que non se rexistraban retencións importantes.
Recoméndase aos condutores que circulen pola zona extremar a precaución e prestar atención á sinalización.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)