AD

Actualidad

Un ciclista perdeu a vida en Lalín

today12 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

Imaxe: Emerxencias Lalín | As forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias que rodean ao suceso.

Daban as 18:40 horas da tarde cando o 112 Galicia recibía o aviso por parte dun particular dun ciclista duns sesenta anos de idade que precisaba asistencia sanitaria urxente debido a que estaba inconsciente no chan. O suceso produciuse na EP-6004, entre o quilómetro 4 e 5, en Gresande, Lalín.

Axiña, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os cales só puideron confirmar o falecemento da persoa.

A maiores, os xestores do 112 Galicia tamén informaron aos Bombeiros de Silleda, ao GES de Lalín, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%