AD

Destacado

Un incendio nunha vivenda okupada de Conxo provoca unha gran columna de fume

today3 junio, 2026

Fondo
share close
AD

Santiago de Compostela viviu este mediodía momentos de inquietude debido a un incendio declarado nunha vivenda okupada situada na zona de Conxo, nas proximidades do colexio Quiroga Palacios.

A rápida propagación do fume xerou unha espectacular columna negra visible desde numerosos puntos da cidade, o que levou a moitos veciños a alertar aos servizos de emerxencia ao descoñecer a orixe do suceso.

Ata o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Santiago, que traballaron intensamente para controlar e extinguir as lapas. No operativo tamén participou a Policía Local, encargada de garantir a seguridade na contorna e facilitar o labor dos equipos de intervención.

A fumareda chamou especialmente a atención dos residentes dos barrios próximos, onde o fume podía observarse elevándose sobre os edificios da zona durante varios minutos.

Por agora, as autoridades non comunicaron a existencia de persoas feridas nin tampouco as circunstancias que puideron desencadear o incendio.

Os bombeiros confirman que as medicións están correctas, que vai quedar un cheiro durante uns días, polo que o centro vai airear as instalacións toda a tarde e mañá retoma a actividade con normalidade.

O departamento de Educación enviará un reforzo de limpeza con 4 persoas adicionais a maiores do equipo habitual.

Míriam Louzao visita a zona

Como medida de prevención, ata o centro desprazouse a concelleira de Educación, Míriam Louzao, para interesarse pola situación do alumnado.

As familias foron informadas a través dos canais habituais para que recollesen aos nenos e nenas, xa que non estaba previsto o regreso ás aulas durante a xornada.

O alumnado permaneceu atendido en todo momento polo equipo docente, co apoio do persoal do servizo de comedor.

Ademais, desde a Concellería de Educación realizáronse as xestións necesarias para garantir a atención alimentaria dos menores no caso de que algunha familia tivese dificultades para acudir ao centro.

Polo momento, non transcenderon datos sobre posibles persoas afectadas nin sobre as causas que provocaron o lume, que continúan baixo investigación.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *