AD

Política

Verea esixe ao tripartito que deixe o «sectarismo» e de solucións ao aparcadoiro do CHUS

today24 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • Verea subliñou que, en vez de gobernar, parece que o que pretendían “era presentarme unha moción de censura a min ou, o que é peor, ao futuro da cidade”.
  • “Fronte ao non e a 6 meses perdidos, sen liderazgos, sen iniciativas, sen propostas, nós o que propoñemos é a maior transformación da Choupana dos últimos 25 anos, cun aparcadoiro orgánico, dentro do complexo o Clínico, xerando, non só prazas de aparcamento suficientes, senón un novo espazo humano con miles de metros cadrados de zonas verdes”, insistiu.

O líder popular, Borja Verea, asegurou hoxe que, a rolda de prensa ofrecida onte polas tres forzas de esquerdas do Concello de Santiago dicindo non á proposta para solucionar o problema do aparcamento do Clínico, significou “a triste imaxe dun tripartito sen ideas, nin ambición, tres partidos minoritarios que se xuntan para dicir non ante un dos maiores desafíos que ten a cidade”.

Verea subliñou que, en vez de gobernar, parece que o que pretendían “era presentarme unha moción de censura a min ou, o que é peor, ao futuro da cidade”. Por isto, agregou, “esixímoslles que deixen de lado o sectarismo que os cega e que recoñezan o que xa toda a cidade sabe, que o proxecto presentado polo PP e recollido pola Xunta é a mellor solución para o futuro de Santiago e que o financiamento proposto é viable, xusto e equitativo”.

Para o popular, estamos ante unha oportunidade histórica, unha solución integral que arranxa o problema de aparcamento e xera un espazo urbano e de calidade, é dicir, un paso de xigante que merece o futuro de Compostela.

“O que vimos onte foi todo o contrario, a foto do tripartito do non, mestres que nós, sen gobernar, poñemos a disposición da cidade: futuro, modernidade e transformación”, destacou. “En 6 meses, agregou, o único que puxo sobre a mesa o actual Goberno da cidade foron nons, resulta difícil atopar un Goberno máis triste e máis decepcionante”.

Así mesmo, Borja Verea incidiu que os grupos de esquerdas “comezaron insultando este proxecto, pero agora parece que xa lles empeza a servir”, aínda que deixan moi claro de que son “o triste exemplo de que non teñen nin idea do que queren para Santiago, e que a súa única proposta é non poñer un duro sobre a mesa”.

“Fronte ao non e a 6 meses perdidos, sen liderazgos, sen iniciativas, sen propostas, nós o que propoñemos é a maior transformación da Choupana dos últimos 25 anos, cun aparcadoiro orgánico, dentro do complexo do Clínico, xerando, non só prazas de aparcamento suficientes, senón un novo espazo humano con miles de metros cadrados de zonas verdes”, insistiu.

O líder popular subliñou que o financiamento que se propón é exactamente o mesmo que para o resto de cidades galegas, incluso beneficiando cuantitativamente á cidade de Santiago. Así que, “ante esa realidade, se eu fose alcalde de Compostela, me daría exactamente igual que a Xunta estivese gobernada polo Bloque, polo partido socialista ou por Sumar, coas condicións expostas, co esquema de financiamento proposto, o mesmo que para o resto de cidades galegas, coa contía solicitada, perfectamente viable e asumible para o Concello de Santiago, asinaría o convenio e desbloquearía o proxecto”.

Para elo, o líder popular puxo un exemplo: a proposta de finazamento di que o Concello de Santiago ten que poñer arredor de 4 millóns de euros, menos do 25 % do total, financiando o 75 % restante, arredor de 15 millóns de euros, a Xunta de Galicia e din que non porque, segundo os seus argumentos, os veciños de Santiago representan o 22 % do total da área sanitaria, pero, non dan toda a información, xa que Pontevedra representa o 27%, e pon 16 M € para solucionar a mobilidade do seu propio hospital.

Finalmente, Borja Verea incidiu que o que pide o Partido Popular de Santiago é que “deixen de mentir e de enganar á cidadanía, porque, nesta cidade, ninguén se cree xa que o problema sexan eses catro millóns de euros, cando vemos ademais que non teñen ningún reparo en adicar 8 millóns a asesores, altos cargos e amigos”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%