Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 diciembre, 2023
Cando teñen pasado xa máis dunha semana, desde que o Goberno nacionalista presentara o borrador de Orzamentos municipais para o ano 2024 ante os medios de comunicación e, case un mes, desde que comezara as negociacións co partido socialista, o Partido Popular de Santiago nada puido saber desas contas.
O líder popular, Borja Verea, insistiu en que a súa intención, ao solicitar os orzamentos, é poder defender os dereitos de todos os composteláns con seriedade e con solvencia. O goberno nacionalista non debería esquecer que somos o partido máis votado na cidade e que a transparencia nun goberno con 6 concelleiros de 25 é clave para velar polos intereses dos nosos veciños.
Verea remarcou que, hai unha semana, “xa lle remitimos por Rexistro unha carta á alcaldesa co fin de obter dita documentación, tendo en conta, ademais, que o Goberno do BNG leva case un mes negociando co partido socialista”.
Con isto, o Goberno nacionalista amosa, constantemente, as súas maneiras pouco democráticas, como cando, no pasado Pleno ordinario, impediu que se debatesen distintos puntos da orde do día, tal e como contempla o regulamento.
Finalmente, o líder popular insistiu en que este comportamento, por parte do Goberno do BNG, amosa “unha falta de respecto” non só cara a forza política máis votada da cidade, senón tamén cara aos os veciños e veciñas que, maioritariamente, decidiron que a súa representación no Concello estivese liderada polo Partido Popular; e pediu ademais aos nacionalistas e aos seus socios do PSOE e CA educación democrática nun asunto tan importante como os orzamentos da cidade de Santiago.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)