AD

Comarca

XEA impulsa a campaña «Pechamos» para poñer en valor o comercio local

today30 junio, 2026

Fondo
share close
AD
  • A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) promove hoxe, 30 de xuño, unha acción de gran impacto visual, ás portas das rebaixas de verán, para reivindicar a importancia do comercio de proximidade como motor económico, social e humano do municipio
  • Dende o Concello de Ames apoiase esta iniciativa de XEA. A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, pon en valor o comercio e maila hostalaría local. “Como di o lema do Concello: En Ames témolo todo, co cal é importante mercar no comercio local, porque isto implica máis emprego para a veciñanza do noso concello, un trato máis directo e próximo coa clientela, e un modelo de comercio máis forte”

Ames, 30 de xuño de 2026.- A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) presenta a campaña «Pechamos», unha iniciativa coa que pretende sensibilizar a cidadanía sobre o papel fundamental que desempeña o comercio local na vida diaria de Ames. A acción desenvólvese hoxe, 30 de xuño, coincidindo coa antesala das rebaixas de verán, unha das épocas de maior actividade para o sector.

A campaña consiste en cubrir temporalmente, durante a xornada de hoxe, os escaparates dos establecementos participantes para simular que os negocios permanecen pechados. A través desta impactante imaxe preténdese convidar á reflexión sobre como serían as nosas rúas sen o comercio de proximidade e lembrar a importancia de apoiar un sector que xera emprego, dinamiza a economía e contribúe á vida social do municipio.

Cada establecemento personalizou o seu escaparate con mensaxes que poñen en valor aqueles aspectos que fan único o comercio local. Lemas como «Pechado por asesorarte», «Pechado por sinceridade», «Pechado por cercanía» ou «Pechado por facer vila» serven para destacar valores como a atención personalizada, a confianza, a proximidade e o compromiso coa veciñanza.

Dende o Concello de Ames apoiase esta iniciativa de XEA. A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, pon en valor o comercio e maila hostalaría local. “Como di o lema do Concello: En Ames témolo todo, co cal é importante mercar no comercio local, porque isto implica máis emprego para a veciñanza do noso concello, un trato máis directo e próximo coa clientela, e un modelo de comercio máis forte”.

Esta campaña lanzouse co obxectivo de crear unha acción colectiva de gran impacto visual que amose a importancia de manter vivo o tecido comercial local. Como peche da campaña celebrarase unha concentración aberta á cidadanía, na que se dará lectura a un manifesto en defensa do comercio de proximidade e do seu papel esencial na construción dun municipio máis dinámico, sostible e con maior calidade de vida. A concentración será o propio martes 30 de xuño ás 20:30 horas na praza da Maía.

Con esta iniciativa, a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) quere lembrar que detrás de cada pequeno comercio hai persoas, familias, emprego, asesoramento, confianza e compromiso co territorio. “Porque sen comercio local non hai rúas con vida nin futuro para os nosos pobos”, como sinala o presidente de XEA, Ramón Cordido.

A asociación anima á veciñanza a apoiar o comercio de proximidade apostando polas compras nos establecementos locais e contribuíndo a fortalecer un modelo comercial que beneficia a toda a comunidade.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *