Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today3 junio, 2026
A deportista bañense Aitana Capeáns volveu subir ao máis alto do podio tras proclamarse campioa no Meeting Internacional de Atletismo de Fuerteventura, onde conseguiu a medalla de ouro na proba feminina de lanzamento de peso (3 kg).
Capeáns asinou unha actuación destacada que culminou cun espectacular lanzamento de 15,41 metros no seu último intento, unha marca que lle permitiu superar ás súas rivais e asegurar a primeira posición da competición.
Este novo éxito confirma o gran estado de forma da atleta, que continúa sumando resultados de prestixio e consolidándose como unha das referencias da especialidade. A súa capacidade de superación e o seu constante traballo seguen dando froitos, levando o nome de A Baña aos principais escenarios do atletismo nacional.
Desde o Concello da Baña trasladaron os seus parabéns á deportista polo novo logro acadado, destacando o seu esforzo, compromiso e dedicación. Ademais, mostraron a súa confianza en que este triunfo sexa un paso máis nunha carreira deportiva chea de éxitos.
Co ouro conseguido en Fuerteventura, Aitana Capeáns reafirma a súa progresión e afronta con optimismo os próximos retos da tempada, nos que buscará seguir mellorando marcas e ampliando o seu palmarés.
«Este resultado é unha mostra do talento e da constancia dunha deportista que segue facendo historia para o deporte local», destacan desde o ámbito deportivo municipal.
Escrito por Líder Redacción
a baña Aitana Capeáns lanzamento de peso Meeting Internacional de Atletismo de Fuerteventura



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)