Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Un grupo de persoas maiores do concello de Rois viviu unha experiencia única durante a tradicional viaxe anual organizada polo Concello, que neste 2026 tivo como destino a illa de Mallorca. A excursión desenvolveuse do 13 ao 19 de abril e estivo marcada pola convivencia, o lecer e o descubrimento de paisaxes e lugares de gran valor cultural.
Ao longo da semana, as persoas participantes percorreron algúns dos recunchos máis emblemáticos das Illas Baleares. Entre as visitas destacadas atopáronse as impresionantes Covas do Drach, a cidade de Palma coa súa impoñente catedral, e a encantadora localidade de Valldemossa, coñecida polo seu atractivo histórico e paisaxístico.
Un dos momentos máis intensos da viaxe foi a xornada na Serra da Tramuntana, onde o grupo descubriu espazos tan singulares como o Mosteiro de Lluc, Sa Calobra e Sóller. Foi un día cheo de emocións no que, ademais de en autobús, tamén tiveron a oportunidade de desprazarse en barco, tranvía e no emblemático tren histórico da zona.
A viaxe contou coa compañía da concelleira de Cultura, Victoria Quiroga, e da técnica de Normalización Lingüística, Inma Seage, que acompañaron ao grupo durante toda a experiencia.
Esta iniciativa consolídase un ano máis como unha actividade moi valorada pola veciñanza maior de Rois, fomentando o envellecemento activo, a convivencia e o coñecemento doutros territorios.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)