Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today5 septiembre, 2026
Rianxo celebrou a reposición da histórica escultura de Francisco Asorey cun emotivo acto acompañado de música e embarcacións tradicionais
A praia de Tanxil foi escenario este sábado dun momento histórico para Rianxo. Despois de 21 anos, a Virxe de Guadalupe de Francisco Asorey regresou ao seu emprazamento orixinal, onde volve mirar cara á ría de Arousa.
Decenas de veciños participaron nun acto no que non faltaron as gaitas, as pandeiretas e A Rianxeira. A celebración tamén chegou desde o mar, coa presenza de traiñeiras, embarcacións tradicionais e barcos pesqueiros.
Na cerimonia interviñeron o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo; o conselleiro de Cultura, José López Campos, e Carmen Asorey, neta do escultor. Todos destacaron o valor artístico e sentimental dunha obra estreitamente ligada á identidade mariñeira da vila.
A escultura, realizada en granito en 1932, mide 3,20 metros e pesa arredor de tres toneladas. O seu regreso foi recibido entre aplausos e berros de «Viva a Virxe de Guadalupe!».
O alcalde anunciou ademais que o Concello continuará traballando na recuperación do antigo dique e do contorno de Tanxil, co obxectivo de devolverlle o seu esplendor.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)