AD

Comarca

Food trucks de distintos puntos do país daranse cita na Estrada no festival The Burguer Top

today6 septiembre, 2026

Fondo
share close
AD
  • O evento celebrarase do 10 ao 13 de setembro na Praza da Constitución.

A Praza da Constitución da Estrada acollerá a vindeira semana unha nova edición (a segunda que se celebra no municipio) do festival gastronómico The Burguer Top. Será entre o xoves 10 e o domingo 13, coa participación de food trucks de distintos puntos do país.

O concelleiro estradense de Promoción Económica explicou hoxe que o Concello autorizou a celebración deste festival na Praza da Constitución, confiando en que se converta nun atractivo que axude á dinamización na recta final da tempada estival. Indicou que The Burguer Top preséntase como unha celebración do sabor, a innovación e a cultura street food, pensada para reunir a familias, amigos e amantes das hamburguesas en xeral.

Segundo se detallou dende a organización, os horarios irán variando en función das xornadas. O xoves poderán degustarse as hamburguesas entre as 20.00 e as 23.00 horas; o venres e o sábado será de 20.00 ata a medianoite e o domingo o horario de degustación será tamén matutino: de 13.00 a 16.00 e de 20.00 a 23.00.

Cada food truck participante (o número total concretarase nos próximos días) ofrecerá tres variedades de hamburguesa gourmet. Terán que ter alternativas a prezos de 12 e 15 euros, deixando a elección da terceira a xuízo de cada restaurador.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *