AD

Actualidad

Arzúa contará cun desfile de moda local o 13 de abril no Multiusos

today1 abril, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

Arzúa, 1 de abril de 2024. Arzúa acollerá o vindeiro sábado 13 de abril o Desfile de Moda do CCA, o gran evento de moda da comarca para presentar diversos produtos e artigos da colección primavera – verán.

O día 13, ás 18 horas, no Multiusos Terra do Queixo cerca dunha vintena de comercios de proximidade arzuáns amosarán as súas prendas, zapatos, complementos e peiteados para a temporada de primavera – verán 2024. Unha boa oportunidade para que os establecementos locais mostren os seus artigos a todo tipo de público, sexan ou non clientes. Os comercios participantes son: Alca Joyeros, Arzugráfica, Arroupadiños, Calzados Iglesias, Carola Moda, Cempés Multiservicios, Chorima Perfumería, DV&DARIZZA Salón de Belleza, Estrenas Zapatería e Complementos, Lage Moda, Mi Tata, Miss Zapatos, Moda Sari, Moheva, Novavisión Óptica e Su&Su Salón de Belleza.

Ademais, os e as modelos van ser persoas do municipio que as propias tendas buscanron para a ocasión, o que fan esta pasarela aínda máis especial. Os e as modelos serán de todas as idades, dende crianzas a persoas de máis idade. A maiores, o Desfile de Moda CCA de Arzúa terá dous presentadores de luxo: Fran Cañotas e Alejandra Barco que conducirán o acto que estará amenizado pola Gramola.

O desfile terá como fío condutor as diversas prendas do día: mañá, mediodía/tarde e noite/festa. Con esa temática sairán diversas prendas, zapatos, complementos e peiteados que poden atopar nas tendas de Arzúa participantes.

Nesta pasarela de moda do comercio de proximidade arzuán tamén haberá diferentes sorpresas para o público asistente para premiar o seu compromiso cos establecementos do municipio. Dende o Centro Comercial Aberto animan a toda a veciñanza da vila e dos concellos de proximidade achegarse o sábado 13 a Arzúa para desfrutar dun gran evento onde a moda e as tendas locais serán as protagonistas.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%