AD

Comarca

Boiro presenta un orzamento que supera os 19 millóns de euros

today29 abril, 2026

Fondo
share close
AD

O goberno local presenta para o seu debate e aprobación no vindeiro Pleno que se celebrará o 30 de abril o Orzamento municipal para o ano 2026 que ascende aos 19.136.000€.

O orzamento segue a mesma liña que os aprobados nos últimos anos, un presuposto que cubre todas as obrigas municipais, que mellora en servizos e que reduce a débeda. “Cando entramos no goberno no ano 2019 a débeda estaba no 42,15%, pechamos o ano 2025 cun 17.90% e imosseguir traballando para que chegue a cero”, recoñece o tenente de alcalde e concelleiro de Facenda, Luís Ruiz.

No relativo ao capitulo das inversión, o orzamento deste 2026 inclúe unha partida para pavimentados e arranxo de vías en varios lugares de todo o termo municipal; inversión na mellora da rede de saneamento e abastecemento municipal; unha partida para o arranxo de centros sociais; inversións en mellora das infraestruturas deportivas; así como mellora de parques infantís entre outras.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *