AD

Actualidad

Boqueixón, Touro e Vedra convocan a II Andaina “No camiño da igualdade”, entre Ponte Ulla e Bendaña

today27 febrero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Boqueixón, 27 de febreiro de 2024.- Os Concellos de Boqueixón, Touro e Vedra organizan a segunda andaina “No camiño da igualdade”, unha iniciativa para conmemorar o Día da Muller e que terá lugar o vindeiro domingo 10 de marzo. A andaina, duns 14 quilómetros de lonxitude, desenvolverase entre o campo da festa de Ponte Ulla (Vedra) e o campo da festa de Bendaña (Touro).

Esta andaina reivindica o papel da muller e sobre todo o compromiso do tres concellos de poñer en valor a sensibilización en Igualdade, de reinvidicar que mulleres e homes deben apoiar a eliminación de prexuízos, loitar contra a violencia de xénero e fomentar que a muller sega a acadar maiores postos de responsabilidade e de recoñecemento.

A participación está aberta a todas as persoas interesadas, se ben por razóns de organización é preciso anotarse antes do 7 de marzo ben a través dun formulario web dispoñible nas webs municipais dos tres concellos ben por teléfono no 981 513 106 (Boqueixón), 981 504 029 (Touro) ou 669 041 486 (Vedra).

As persoas participantes na andaina concentraranse no campo da festa de Ponte Ulla ás 9:30 horas do domingo 10 de marzo. Tras deixar os vehículos no aparcamento do supermercado próximo, sairán cara Bendaña, de onde volverán ao punto de inicio en autobús. Todas as persoas participantes terán dereito a un bocadillo e unha camiseta conmemorativa da andaina e do 8 de marzo.

A iniciativa está financiada polo Ministerio de Igualdade, con cargo ao Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e tamén polos concellos participantes. Na primeira edición desta andaina tomaron parte preto dun cento de persoas, que percorreron os 12 quilómetros entre o campo da festa de Bendaña e a Ponte de Gundián.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%