Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O líder popular subliñou que o Concello debe comprometerse coa infancia, coidar das nenas e nenos composteláns, procurar a mellora do seu benestar e calidade de vida e fomentar a súa participación e compromiso.
“Trataríase dun espazo activo que teña como obxectivo avaliar, suxerir, propor ideas sobre asuntos que afectan a cuestións individuais e colectivas da poboación infantil, co fin de chegar a obxectivos comúns”, remarcou.
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, manifestou hoxe a súa aposta pola creación do Consello Municipal da Infancia para garantir a presenza e participación efectiva da veciñanza máis xove da cidade na vida municipal. O líder popular subliñou que “o Concello debe comprometerse coa infancia, coidar das nenas e nenos composteláns, procurar a mellora do seu benestar e calidade de vida, ademais de fomentar a súa participación e compromiso”.
As nenas e nenos contan coa capacidade de mudar e influír na súa contorna, polo que, explicou Verea, “debemos garantir as condicións para que o seu dereito á participación sexa efectivo, xa que é fundamental que as súas inquedanzas, opinións, necesidades e dereitos formen parten da política municipal, cunha xestión que o garanta”.
Para Borja Verea, isto lograríase a través dun órgano de representación, consulta e participación do Goberno municipal para asuntos que afecten, de maneira directa ou indirectamente, á poboación infantil. “Un espazo activo que teña como obxectivo avaliar, suxerir, propor ideas sobre asuntos que afectan a cuestións individuais e colectivas da poboación infantil, co fin de chegar a obxectivos comúns”, remarcou.
O popular reiterou que a finalidade do Consello Municipal da Infancia será a de facilitar a participación da veciñanza máis nova nas decisións a tomar polo goberno municipal, contribuíndo á expresión e ao coñecemento directo das súas inquedanzas, intereses e necesidades, ao tempo que permitiría o acceso e intercambio de información dirixida ás entidades do tecido asociativo, especialmente, configuradas para a defensa dos intereses concretos dos rapaces e facilitará a coordinación entre os diferentes axentes implicados no seu benestar.
A participación infantil está baseada na Convención sobre os Dereitos da Infancia, aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989, na que se destaca a consideración dos nenos e nenas como suxeitos de dereitos e o establecemento dun marco de interrelación coa poboación adulta, as institucións e a sociedade, ao tempo que se recoñece o seu dereito a expresar a súa opinión en todos os asuntos que lles afecten e a que sexan tidos en conta.
Escrito por Líder Redacción
compostela infancia politica pp radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)