AD

Comarca

2577 Resultados / Página 9 de 287

Fondo
AD

Comarca

Teo garda un minuto de silencio polo 29º aniversario do secuestro e asasinato de Miguel Ángel Blanco

O acto estivo presidido pola alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, ademais de varios deputados, concelleiros do equipo de Goberno de Teo e do Partido Popular de Santiago, traballadores municipais e veciños. Tras a lectura dun manifesto, levouse a cabo un minuto de silencio e unha sentida ovación en lembranza de todas as vítimas do terrorismo. Teo, 13 de xullo de 2026.- O Concello de Teo rendeu esta mañá unha sentida […]

today13 julio, 2026

Comarca

Rianxo supera o millón de euros en obras licitadas no primeiro semestre de 2026

O Concello de Rianxo xa superou o millón de euros en obras licitadas no que vai de 2026, consolidando un elevado ritmo de investimento público durante a primeira metade do ano. O Goberno municipal destaca que esta cifra sitúa ao municipio no camiño de superar os 1,5 millóns de euros licitados ao longo de 2025. As actuacións promovidas abranguen melloras nas redes de abastecemento e saneamento, renovación de infraestruturas viarias e modernización do alumeado público, con intervencións distribuídas por diferentes […]

today13 julio, 2026

Comarca

Lg1do, Alddara, Fran Saint Laurent, Metan e Dupliss, protagonistas do II Festival Emerxente de Ames

O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, explicou que “este festival xurdiu despois da proposta de dous rapaces de Bertamiráns e de Brión, que querían dispor dun espazo para poder actuar diante do público. Para nós é importante darlle unha oportunidade aos artistas locais e da contorna, para que teñan a oportunidade de darse a coñecer, e ao mesmo tempo, apoiar á mocidade que fai música urbana, para que teñan ese apoio que algunhas veces necesitan por parte das […]

today13 julio, 2026

Comarca

O goberno de Boiro valora «moi positivamente» as Festas do Verán 2026

O alcalde, José Ramón Romero, valora moi positivamente as Festas do Verán 2026 que o Concello de Boiro celebrou do 3 ao 8 de xullo e nas que se contou con programación para todas as idades e gustos, repartida en distintos horarios e puntos do núcleo urbano co obxectivo de diversificar as actividades. O máis destacable é que en seis dias e cunha gran afluencia de xente, non se produciron incidencias graves. “Sabemos que as festas causan tamén inconvenientes á […]

today10 julio, 2026

Comarca

Cabo de Cruz celebra do 15 ao 17 de xullo as Festas do Carme

O Concello de Boiro colabora coa Comisión das Festas do Carme de Cabo de Cruz no desenvolvemento das Festas do Carme 2026 que se celebran do 15 ao 17 de xullo. O alcalde, José Ramón Romero, participou na presentación da programación xunto co presidente, Manuel Romero, e Andrea Ozores, membros a comisión. “As festas do Carme son de gran relevancia pola importancia que teñen para todos os mariñeiros e o pobo de Boiro” afirmou Manuel Romero que explicou o programa. […]

today10 julio, 2026

Actualidad

Padrón aposta polo talento galego no Santiaguiño do Monte unindo tradición e cultura

• O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, presentaron hoxe o cartel e a programación • Mondra, Kid Mount e XMaseda encabezan o cartel coa música galega actual dentro do III Festival Ultreia • A romaría do 25 de xullo, o Gran Derbi Asnal e unha ampla programación familiar completan nove días de celebración Padrón. 10-7-2026.- O Concello de Padrón deu a coñecer hoxe o programa das festas do Santiaguiño do Monte 2026, que […]

today10 julio, 2026

Comarca

200 mozos da Ruta Quetzal chegan a Boqueixón

Ademais de visitar o monte Ilicino, onde algúns mesmo compartiron a experiencia de durmir neste lendario lugar, fixeron parada na queixería Bo Queixo e hoxe visitaron a fábrica de Tartas Lestedo antes de afrontar a derradeira etapa do Camiño de Inverno cara Compostela Boqueixón, 10 de xullo de 2026.- Boqueixón recibiu onte xoves e hoxe venres aos 200 participantes da Ruta Quetzal 2026, unha das expedicións xuvenís de carácter educativo e cultural máis recoñecidas de España que este ano percorre […]

today10 julio, 2026

Comarca

O mes de xullo pecha cunha noite poético-musical no entorno do Pico Sacro

O acto terá lugar o vindeiro xoves día 30 na ladeira da montaña de 20 a 22 horas O Concello de Boqueixón ofrece unha noite poético-musical no entorno do Pico Sacro, un faro natural que bica o ceo a 530 metros de altura neste municipio. O recital en cuestión terá lugar o vindeiro xoves día 30 como peche deste segundo mes de verán e acollerá na ladeira da montaña unha mistura única de poesía, música e pintura. O acto dará […]

today10 julio, 2026

Comarca

Arzúa mobiliza 400.000 € para mellorar pistas das parroquias, saneamento e rehabilitar a Casa Lagoeiro

Tres das obras serán adxudicadas nos vindeiros días, mentres que a Casa Lagoeiro será rehabilitada como vivenda de emerxencia social Arzúa, 9 de xullo de 2026. O Concello de Arzúa destinará 398.214,94 euros a catro obras promovidas desde a área municipal de Obras, da que é responsable o alcalde, Xoán Xesús Carril. Os investimentos permitirán mellorar dúas pistas das parroquias, ampliar a rede de saneamento no Camiño da Empegada e rehabilitar a Casa Lagoeiro para destinala a vivenda de emerxencia […]

today10 julio, 2026

AD